Publicado por: MontePituco | 13/02/2013

MONTE ‘NAMORADO’

14 de febreiro no Monte Pituco.

…Vén unha luz e atmósfera de flores

e impúlsome e respiro o mellor aire. 

Vén a esperanza a dita do rinchar primeiro

do abrente do cabalo na montaña. 

14 de febreiro no Monte Pituco.

Vén o vento do Norte dende a estrela

máis consistente e pura a refrescarme. 

Vén namorado o mar coma un toliño alegre 

e abalánzase en risa inmaculada. 

Vén o sol capitán dun mesto exército

de incorruptíbeis raios a vingarme. 

14 de febreiro no Monte Pituco.

Vén un íntimo son que anova o mundo

porque sementa vibración de cante. 

Vén o verde do ceo dos teus ollos calmos

e por fin sabe a ruta a miña nave…

Bernardino Graña


Deixar un comentario

Categorías