O verán pasado localizouse un verquido no lugar das Presas, por riba do lugar do Caeiro. Nunha curva da pista que discurre paralela á variante, do lado do monte, os autores desta infracción aproveitaron un terraplén para volcar caixas de cartón, plásticos, albaráns e documentos comerciais con datos de clientes, estruturas metálicas, rodas e outros refugallos. A Comunidade de Montes notificoulle este verquido ás autoridades e comentou a problemática na asemblea de agosto.
Con data do pasado 7 de xaneiro, a alcaldesa de Marín asinou un documento municipal no que se daba conta da denuncia da Policía Local contra a empresa Galigru, radicada na Ramalleira, Bértola, como responsable dese verquido “de lixo e residuos (documentación, filtros de aire, plásticos, caixas, cartón…)”. A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, foi designada instrutora deste expediente sancionador, cuxa cuantía oscilaría entre os 1.500 e os 3.000 euros.
Sen embargo, o feito de que esta empresa xa non estea operativa fai sospeitar que a multa sexa papel mollado. Malia todo, esta denuncia é a proba de que paga a pena protestar, rebelarse contra os desaprensivos que contaminan os montes e facer traballar a Administracións para que cumpran e fagan cumprir as normativas medioambientais.




[…] poboación e de actuar de forma contundente contra quen agrede o monte de todos, como aconteceu coa empresa que foi sancionada por depositar documentación, materiais de oficina, plásticos, rodas e outros residuos […]
By: VERQUIDOS ILEGAIS, A LACRA QUE NON CESA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/03/2013
at 01:00
[…] No propio Monte Pituco téñense localizado tamén depósitos de lixo non só con rodas, senón tamén con outros materiais de refugallo: “Sanción polo verquido nas Presas“. […]
By: VERQUIDO DE RODAS NA PISTA DA VARIANTE | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 01/08/2013
at 22:18
[…] artigo titulado SANCIÓN POLO VERQUIDO DAS PRESAS, do 18 de xaneiro de […]
By: UN ANO DESPOIS DA SANCIÓN, PERO O VERQUIDO SEGUE NAS PRESAS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 23/01/2014
at 23:33