Publicado por: MontePituco | 09/11/2012

A SINALIZACIÓN VERTICAL NA ESTRADA DE SAN XULIÁN

Hai xa varios días que a estrada de San Xulián luce a nova sinalización vertical, que complementa o pintado deste vial que vén de ser reformado coa dotación de beirarrúas. Faltan algúns elementos de mobiliario urbán que consideramos necesarios: papeleiras, bancos. Pero o grao de madurez deste investimento é cada vez maior e, a falta dalgúns detalles, a veciñanza pode estar satisfeita de contar cun espazo digno polo que transitar con garantías en materia de seguridade. Noraboa pois ás entidades -en especial á Asociación de Veciños de San Xulián- pola súa constancia e o seu espírito reivindicativo, ás Administracións públicas -Concello, Deputación- que escoitaron as demandas e aos particulares que puxeron da súa parte para que esta infraestrutura sexa unha realidade.


Respostas

  1. esther's avatar

    A pesar de moitos GRACIAS A ASOCIACION DE VECIÑOS DE SAN XULIAN pola sua contancia no tema

    • MontePituco's avatar

      Hai aínda polo que traballar: que melloren os servizos ao rural e, sobre todo, a conservación do monte que nos queren esnaquizar. Ánimo, e adiante!


Deixa unha resposta a esther Cancelar a resposta

Categorías