Publicado por: MontePituco | 08/11/2012

RUTA MICOLÓXICA POLOS SETE CAMIÑOS

O experto en micoloxía Xaime Blanco será o guía dunha ruta que terá lugar o vindeiro 24 de novembro para reivindicar a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ameazado polo proxecto de construcción dun polígono industrial no Monte Pornedo que arruinaría a fauna e a flora desta contorna, que conta con especies protexidas como a Chioglossa lusitanica; que perxudicaría gravemente o patrimonio arqueolóxico que conformarn diversas mámoas e gravados rupestres catalogados; que causaría un impacto paisaxístico e visual irreversible en toda a ría de Pontevedra.

Quen visite o Monte Pornedo e os seus arredores neste tempo de outono decataríase da abundancia de cogomelos de diversas especies, moi apreciados polos afeccionados. Nesta ocasión a andaina programada para o 24 de novembro, con saída ás 10:00 horas dende o campo de fútbol de Salcedo, contaremos cun experto na materia para axudar os profanos a identificar as setas que se atopen ao longo do itinerario, no que tamén gozaremos da extraordinaria riqueza natural e cultural deste espazo que cómpre defender fronte á especulación e o capricho político.

Advertisements

Responses

  1. Preciosas fotografías!
    Dan gañas de dar un paseo pola ruta dos Sete Camiños para disfrutar das maravillas do outono.

    Aproveito para decirvos que no concello de Marín existe un cogomelo moi velenoso chamado “Pilarita Paloides” Mellor non arrimarse.

  2. Moitas grazas. Pois benvida sexa a xente que queira achegarse ao Pituco co ánimo de gozar da paisaxe, da natureza e do seu patrimonio. Ogallá consigamos salvalo da ameaza do asfalto e do formigón. Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: