Publicado por: MontePituco | 05/11/2012

A INSEGURIDADE VIAL DA VARIANTE DE MARÍN

Este pasado fin de semana a edición de Pontevedra do diario La Voz de Galicia volvía expoñer unha vez máis os graves problemas de inseguridade vial na Variante de Marín. Seguen dándose casos de animais que irrompen na estrada debido aos treitos nos que falta a rede perimetral que impediría o seu acceso ao asfalto, por onde circulan os vehículos a unha velocidade considerable, co conseguinte perigo de provocar graves accidentes.

Ante a irresponsabilidade das persoas que rouban ese tecido metálico vital para a integridade dos condutores, cabe resaltar tamén a irresponsabilidade das Administracións que deberan ocuparse da reposición das dotacións necesarias para que a Variante de Marín cumpra a súa función con plenas garantías.

O pasado mes de setembro o mesmo xornal xa advertía desta problemática cun artigo titulado “Riesgo para los coches por fallos del cierre en la variante de Marín”, do que dabamos conta neste blogue.

Pero a posta en servizo da Variante de Marín, a finais do pasado verán, aínda non superou outra das probas cruciais: o inverno. Foron moitas as voces críticas co trazado desta infraestrutura, advertindo das pendentes excesivas. En sentido cara a Pontevedra, os últimos quilómetros transcorren nunha perigosa baixada encaixonada entre dous enormes taludes. Trátase dunha zona na que malamente dá o sol en todo o día; cando as xeadas caian sobre a estrada, é previsible que se produzan sinistros polo estado esvaradizo do vial. Quen circule por aí deberá extremar a precaución e moderarse á hora de pisar os pedais.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO seguimos insistindo tamén na perigosidade da saída da Variante cara á estrada de Figueirido, en dirección cara aos lugares da Pena e do Caeiro. O cruce atópase nunha baixada con pouca visibilidade, na que conflúen varias circunstancias desfavorables: unha lixeira curva, a velocidade á que van os vehículos que veñen dende Figueirido, e a vexetación que medra xusto no punto onde se observan os coches que pasan.

…Variante ou ruleta rusa?

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: