A prensa local informa dos primeiros accidentes que se produciron na Variante de Marín. A estes sucesos cómpre engadir unha incidencia máis que aconteceu o pasado 17 de agosto. Un condutor informou da existencia, pola mañá, dun animal de tamaño mediano atropelado no carril de Pontevedra a Marín, á altura de Lourizán. Nese momento, unha patrulla da Garda Civil dirixíase en dirección a ese punto coas luces de emerxencia prendidas.
Prégase moderar a velocidade neste vial. A irrupción dun animal na Variante significa que pode haber algunha EIVA DE SEGURIDADE no valado perimetral, posto que semella difícil que unha criatura desas dimensións dera saltado por enriba da rede metálica, ou mesmo que algún desalmado o ceibara en pleno asfalto. Ante todo, PRECAUCIÓN.
Deixar unha resposta