Publicado por: MontePituco | 17/07/2012

AS BEIRARRÚAS DE SAN XULIÁN, VENTO EN POPA

As beirarrúas de San Xulián están a punto de caramelo. Rematados os traballos de enlousado, as obras estanse completando coa instalación de barandillas e de farolas. Xa pouco queda para inaugurar esta nova e agardada actuación, para a que se destinaron un bo feixe de miles de euros que, á vista dos resultados, parecen ben investidos.

Con estas beirarrúas novas do trinque máis os complementos de mobiliario urbán que lle están engadindo, o que ata agora era unha estrada máis, estase convertendo en toda unha avenida. Ata parece unha parroquia do século XXI e todo…

Só queda que os usuarios da zona non abusen da nova distribución do vial e estacionen os vehículos só na parte que vai quedar reservada para aparcamento, non a ambos lados da rúa, como parece que están a facer.


Responses

  1. Gracias XAN ala en donde esteas.

    • Como lle queiran dar un nome á “avenida” que vai quedar, abofé que o de Xan sería un acerto.

  2. “Avenida de Xan Montenegro”
    Paréceme que xa se podería empezar a recadar firmas para solicitalo no concello.

    • Sería unha moi boa iniciativa.
      En canto aos traballos, xa falta menos para que todo quede listo. Están rematando de poñer as barandillas e de instalar as farolas. Logo só quedaría reasfaltar. Calculan que se inaugure o mes que vén.


Deixa unha resposta a esther Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: