Publicado por: MontePituco | 13/06/2012

SEGUE MEDRANDO A HERBA DA PAMPA

O pasado mes de abril realizáronse traballos de desbroce a carón do Pornedo, especialmente perceptibles no voluminoso recheo que foi acumulado anos atrás na ladeira do monte a raíz das obras da variante, e que está infestado de herbas da Pampa; unha especie invasiva que foi acaparando terreo de maneira progresiva en toda a zona, sen dúbida, porque a terra que se depositou nese espazo xa viña “contaminada” con raíces e sementes desta planta, que non fixo máis que agromar e irse extendendo.

No artigo titulado “Desbroce da herba da Pampa” dábase conta das advertencias que xa formulaban dende a Mancomunidade de Montes de Pontevedra sobre a ineficacia desa medida -unha simple corta das ramificacións- para a erradicación da planta. Se a intención fora eliminar as herbas da Pampa, os traballos terían que ter sido máis drásticos, actuando individualmente en cada unidade para arrincala totalmente de raíz, o que tería requerido un esforzo maior en medios técnicos e humanos. Pero en contrapartida, o resultado a estas alturas sería practicamente definitivo.

Pasaron dous meses desas labores de desbroce superficial, e as herbas da Pampa xa están agromando outra vez, tan vizosas coma de costume.

Pasará pouco tempo para que volvan medrar e lucir o aspecto xa coñecido, cos seus penachos ceibando milleiros de sementes que seguirán colonizando parcelas de monte que ata agora se viñan librando desta praga foránea. Como xa se ten actuado anteriomente contra a proliferación de árbores e arbustos de mimosa, ogallá a Administración, coa mediación e colaboración da comunidade de montes, puidera implicarse tamén na solución desta problemática, ante o avance crecente desta herba.

E se non, como xa ten acontecido noutros espazos naturais, terán que ser os colectivos veciñais e ambientais -máis organizados e concienciados- os que tomen a iniciativa.


Responses

  1. […] Malia que en abril deste ano cortáronse a rente do chan (“Desbroce da herba da Pampa“) os talos que medraban, ao non seren arrincadas de raíz, a actuación foi totalmente inútil e a estas alturas a planta volve medrar con forza neste espazo (“Segue medrando a herba da Pampa“). […]

  2. […] é a primeira vez que en DEFENDE O MONTE PITUCO se critica o método elixido pola Comunidade de Montes para eliminar a herba da Pampa, ou cortadeira. Gastar cartos en rozar nela cunha desbrozadora é […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: