Que mágoa e, sobre todo, que decepción, que estes colchóns sigan tirados na pista do Pornedo a golpe de xoves, tres días despois de ter avisado o Concello -o pasado luns- desta agresión ambiental e de solicitarlle á Administración local a súa retirada. Confiabamos nunha actuación eficaz para evitar que outros desalmados volvan botar máis lixo neste espazo, “aproveitando” a presenza destes residuos voluminosos.
Ogallá a brigada municipal a instancias das Concellerías de Medio Ambiente ou de Medio Rural, saque de aquí este material antes do fin de semana. En caso contrario, será oportuno que DEFENDE O MONTE PITUCO lle notifique esta lamentable incidencia ao Seprona para que se tomen outras medidas, á marxe das consecuencias que poida supoñer para a Comunidade de Montes e o Concello de Marín.
[…] Pasaron dous días, un tempo abondo prudencial no que a brigada municipal ben puido terse desprazado ao Pornedo para cargar os colchóns nun vehículo e poñelos a disposición da empresa que se ocupa da recollida e tratamento de refugallos, pero alí seguían. E do mesmo xeito, tamén se deu conta dese retraso no compromiso adquirido dende a Concellería de Medio Rural, ou de Medio Ambiente, en caso de ter delegado unha na outra: “Os colchóns seguen no Pornedo“. […]
By: E AÍNDA NON RETIRARON OS COLCHÓNS! « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 12/06/2012
at 23:17