
18 de maio de 2012, primeiro Día da Fascinación polas Plantas.
“…As flores se enguedellan.
O Sol perdeu vergoña.
O vento só é un bico
no abalo das corolas…”
Antón Cortizas, de “Nos páramos da lúa” (1996).

18 de maio de 2012, primeiro Día da Fascinación polas Plantas.
“…As flores se enguedellan.
O Sol perdeu vergoña.
O vento só é un bico
no abalo das corolas…”
Antón Cortizas, de “Nos páramos da lúa” (1996).
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Flora, Medio ambiente
As plantas son o mellor da Natureza. Eu penso que se non existiran, tampouco existiría a poesía.
O sábado fun á boda dunha sobriña moi querida para min, unha persona alegre, cariñosa, amante das plantas e das flores. Entre toda a familia escribímosme un poema longo e emotivo.
A miña frase foi: “Cambia tristuras por pampullos”.
Todos sabemos que as flores, incluso as mais humildes, teñen un papel moi importante nas nosas vidas, e se nos faltaran, perderiamos a metade da nosa esencia.
Apertas
By: pasaba por aquí on 21/05/2012
at 08:17
Moitas grazas. Temos que conseguir que os teus paseos polo blog do Pornedo -sempre acompañados de amables e sabias palabras- sexan comparables, cando menos, cos paseos polo propio monte. Está precioso neste mes de maio, cheo de flores e colorido.
By: MontePituco on 23/05/2012
at 02:17