Publicado por: MontePituco | 24/04/2012

DESBROCE DA HERBA DA PAMPA

(Abril 2012)

A semana pasada comprobamos que se realizaran traballos de desbroce no terraplén que hai entre a variante de Marín e o recheo efectuado ao pé do Monte Pornedo, onde foi instalado diverso mobiliario para a creación dunha área recreativa que, por desgraza, atópase en estado de abandono. Dende o ano pasado DEFENDE O MONTE PITUCO viña alertando -tanto neste blogue como en escritos dirixidos á Comunidade de Montes de San Xulián e á Xunta- da preocupante proliferación neste espazo da especie invasora denominada herba da Pampa, ou “cortaderia selloana” na súa nomenclatura científica. Intentando identificar os motivos da súa presenza, cabían polo menos dúas posibilidades: que a terra que foi depositada neste lugar xa contiña rizomas desta planta, co cal só foi cuestión de tempo que medrara de xeito incontrolado; ou que fora plantada irresponsablemente con posterioridade ao remate das obras pola facilidade que ten esta especie para botar raíces, multiplicarse e fixar o terreo malia a pendente.

Como se pode comprobar nas imaxes, os traballos consistiron na eliminación dunha parte da maleza (outra parte máis abaixo onde medra broza máis mesta e abundante quedou, de momento, como estaba), incluidos os talos dos numerosos exemplares da herba da Pampa, que foron cortados a rente do chan. Cómpre agradecer a iniciativa que, sen dúbida, contribúe a mellorar un pouco o aspecto deste pequeno recuncho do monte. Lamentablemente, a acción non abonda en absoluto para erradicar esta especie invasora, como nos apuntaron dende a Mancomunidade de Montes de Pontevedra: Non abonda con cortalas, hai que ARRINCALAS; se non, rebrotan e é coma se non se fixera nada”.

Buscando información sobre os métodos eficaces para a eliminación da herba da Pampa, atopamos na rede un documento de decembro de 2011 da Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, pertencente ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Titúlase “Plan de control y eliminación de especies vegetales invasoras de sistemas dunares (Ref.: 28/5101)” e na páxina 74 adicada a “Experiencias de erradicación de cortaderia selloana (hierba de la Pampa, plumero)” descríbese a metodoloxía a seguir:

Es una de las especies que más problemas de invasión está produciendo en toda la cornisa cantábrica, su peligrosidad se debe en gran parte a su rápido crecimiento, capacidad de rebrote, reproducción vegetativa, y producción de miles de semillas que se dispersan con el viento.

Los métodos más usados para su erradicación son:

* Medios mecánicos:

– Los ejemplares más jóvenes se pueden eliminar fácilmente arrancándolos de modo manual de terrenos sueltos.

– Los ejemplares adultos se deben retirar con maquinaria pesada. Se corta primero la parte aérea con sierra mecánica y posteriormente se arranca la raíz con ayuda de maquinaria pesada. No es una forma de erradicación muy recomendable por el gran deterioro que se produce en el perfil edáfico.

– Como práctica habitual, se debe impedir que los nuevos ejemplares que puedan volver a aparecer no lleguen a florecer y producir una nueva generación de semillas.

* Medios químicos:

– Esta especie responde muy bien a los tratamientos con glifosato, incluso a dosis del 1%. La aplicación más eficaz es antes de que comience la floración y en la parte central de la planta para evitar la afección a otras especies. Si el tratamiento se prolonga al menos en tres campañas anuales sucesivas, se alcanzan tasas de mortalidad en los ejemplares tratados de casi el 100%. Otro producto utilizable es fluaziflop-p-butil.

En todos los casos el material arrancado se debe trasladar a un gestor de residuos autorizado.

O Monte Pornedo dista moito de ser un sistema dunar como o referido nese documento do Ministerio, pero o procedemento para erradicar a herba da Pampa non ha distar moito entre un ecosistema costeiro e outro montañoso. As autoridades están cada vez máis sensibilizadas na necesidade de frear o avance desta especie que, en cada un dos seus plumeiros contén máis de 100.000 sementes que se espallan con moita facilidade. Non só se teme pola densidade da súa estrutura vexetativa, capaz de modificar o hábitat que coloniza e desprazar a flora autóctona preexistente. Tamén se valora que poida tratarse dunha especie pirófita, que contribúe a propagar os incendios e acaparar logo a superficie afectada para seguir extendéndose.

Daquela, cómpre aplicar medidas máis efectivas para acabar coa praga e para evitar que a herba da Pampa dea o salto ao Monte Pornedo e a outras zonas do monte comunal de San Xulián.

Artigo do 27 de abril de 2011: “HERBA DA PAMPA, ESPECIE INVASORA“.

(Abril de 2011)

Advertisements

Responses

  1. […] artigo titulado “Desbroce da herba da Pampa” dábase conta das advertencias que xa formulaban dende a Mancomunidade de Montes de […]

  2. […] que en abril deste ano cortáronse a rente do chan (“Desbroce da herba da Pampa“) os talos que medraban, ao non seren arrincadas de raíz, a actuación foi totalmente […]

  3. […] fieis á realidade, cómpre apuntar que o propio Ministerio de Medio Ambiente avalaba o tratamento con este produto químico -nunha dose moi baixa, iso si, non máis do 1%-. E temos […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: