Publicado por: MontePituco | 01/04/2012

ARDEN AS FRAGAS DO EUME

SOLIDARIEDADE coas FRAGAS do EUME.

E con todos os MONTES afectados pola LACRA vergoñenta dos INCENDIOS

Ergo a miña protesta contra o lume,

dimito a miña voz na madrugada,

desterro o meu cantar, doume aos camiños.

Un arbre son, nacido diante un río

que pasa sin lecer e nunca é o mesmo.

Nacín cos brazos ceibes. Hoxe levo

o corazón atado a negras cordas

de tebras e xenreiras.

(Fragmento de «Carta a papá do ceo» de Celso Emilio Ferreiro, “Viaxe ao país dos ananos”, 1968).


Respostas

  1. breaseixo's avatar

    A tua morte deixoume núo.
    Ca tua perda sinto todo o que hei de perder.
    A tua imaxen está diante min, no espacio que a dor envisa.
    laia a curuxa i eu velo.
    (Uxio Novoneyra en “Elexías do Courel e outros poemas”)

    Certamente, non hai animal mais bruto que o ser humano. Non hai palabras para tanta miseria.

    • MontePituco's avatar

      Moi acaídos tamén estes versos. Grazas pola achega poética.


Deixa unha resposta a breaseixo Cancelar a resposta

Categorías