SOLIDARIEDADE coas FRAGAS do EUME.
E con todos os MONTES afectados pola LACRA vergoñenta dos INCENDIOS.


Ergo a miña protesta contra o lume,
dimito a miña voz na madrugada,
desterro o meu cantar, doume aos camiños.
Un arbre son, nacido diante un río
que pasa sin lecer e nunca é o mesmo.
Nacín cos brazos ceibes. Hoxe levo
o corazón atado a negras cordas
de tebras e xenreiras.
(Fragmento de «Carta a papá do ceo» de Celso Emilio Ferreiro, “Viaxe ao país dos ananos”, 1968).



A tua morte deixoume núo.
Ca tua perda sinto todo o que hei de perder.
A tua imaxen está diante min, no espacio que a dor envisa.
laia a curuxa i eu velo.
(Uxio Novoneyra en “Elexías do Courel e outros poemas”)
Certamente, non hai animal mais bruto que o ser humano. Non hai palabras para tanta miseria.
By: breaseixo on 01/04/2012
at 16:51
Moi acaídos tamén estes versos. Grazas pola achega poética.
By: MontePituco on 01/04/2012
at 18:26