Publicado por: MontePituco | 28/03/2012

E OS PETROGLIFOS DO PORNEDO, E AS MÁMOAS.. QUE?

“Dende o BNG observamos a pouca preocupación do Goberno do PP polo patrimonio rupestre do noso municipio”.

Hai que ter un rostro máis duro que o cemento armado para despacharse tan a gusto con frases deste calado, sito sexa sen ánimo de gabar nin xustificar a política do actual Goberno municipal en materia de protección e conservación do patrimonio. Como se o BNG de Marín puidera arrogarse o título de defensor a ultranza do legado histórico que chegou aos nosos días dende millóns de anos atrás. Quen, durante a anterior lexislatura, á fronte das concellerías de Urbanismo, de Medio Ambiente, e de Cultura, apoiou en primeira liña a instalación dun polígono industrial no Monte Pornedo, onde se atopan Bens de Interese Cultural tan prezados como os petroglifos de Pornedo e Sete Camiños, e que tamén lle afecta á mámoa de Chan de Lagoa e outros elementos de interese etnográfico?

ARTIGO TITULADO “SOBRE O CHAN INDUSTRIAL

ARTIGO TITULADO “MURADAS E OS INXENUOS DO QUINTO PINTO-PLENO DECEMBRO 2009” NO BLOG BREASEIXO

Quen abogou pola desafección do Monte Pornedo para que se desligara da súa lexítima pertenza aos Montes do Morrazo, catalogados como Espazo Natural Protexido polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra?

ARTIGO TITULADO “SOBRE A MEMORIA AMBIENTAL DO PXOM

Quen lle negou o apoio institucional ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e, sen embargo, logo tiña a desfachatez de participar nas andainas reivindicativas que se organizaban para dar a coñecer esta contorna?

ARTIGO TITULADO “PASOS VS. RODAS

“Agardamos que todos os esforzos realizados polo Goberno anterior para poñer en valor o noso patrimonio rupestre (centro de acollida dos petroglifos e consolidación do castro da Subidá) non se bloqueen por parte do Goberno actual”.

Quizais o BNG de Marín considere que hai patrimonio de primeira e de segunda categorías, que só o patrimonio que o BNG de Marín defende mediante as súas mocións e iniciativas é merecedor de protección e de conservación. Con que criterio? En absoluto cun criterio profesional, senón dende a máis absoluta arbitrariedade, e por que non, ignorancia. Sete arqueólogos avalan o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, o que supón recoñecer a extraordinaria importancia dos petroglifos, das mámoas e dos elementos que conforman este territorio, no que se atopa a maior concentración de patrimonio arqueolóxico da bisbarra.

A actitude do BNG de Marín, por tanto, evidencia unha clarísima discriminación con respecto aos elementos que, como os gravados rupestres de Pornedo, Sete Camiños ou Pinal de Caeiro, son máis descoñecidos, pero non por iso menos valiosos. A súa situación é precaria, como así se lle informou á concelleira de Cultura de Marín, Beatriz Rodríguez, nunha recente xuntanza.

Cómpre desbrozar o entorno no que se atopan para evitar que un posible lume forestal os poida destruir; cómpre deseñar, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio, unha intervención arqueolóxica para restauralos e despexalos de terra, unha acción que mesmo podería devir en novas descubertas; cómpre artellar estratexias de promoción e implicación da sociedade na promoción destes bens, comezando pola Comunidade de Montes, que descoñece o enorme potencial destes gravados rupestres.

Noutras comunidades de montes máis avanzadas o patrimonio arqueolóxico e natural é un dos eixes de desenvolvemento, entendendo o monte dende un punto de vista multifuncional. Na medida en que dende a Comunidade de Montes de San Xulián desprezan -igual que despreza o BNG de Marín- este material histórico inscrito nas “pedras” -petroglifos do 2000, dinlle, tan torpemente- queda moito, moito, que avanzar na correcta consideración destes elementos.

Por suposto, tamén dende instancias políticas e partidistas, para que cese este trato desigual, este favoritismo que o BNG de Marín vén de plasmar cunha moción tan sesgada, a prol do castro da Subidá e dos petroglifos de Mogor -coa súa carísima edificación anexa-, e ignorando por completo o patrimonio arqueolóxico de San Xulián, que precisa tanta ou máis atención para sacalo do abandono e recoñecerlle a importancia que lle corresponde, xustamente na parroquia -San Xián dos Ancourados- na que se fraguou o primitivo Marín.


Responses

  1. Perfecta esta crónica. Moi acertada.
    Parabens

    • Moitas grazas, Pasaba por aquí. Sempre terán máis que dicir o dúo Blanco-Vilaboa & Cía. Pero non se lles pode tolerar tanta incoherencia e tanto desprezo. Aquí estaremos sempre para que prevaleza o sentido común fronte aos seus “intereses”. Grazas pola visita e polo comentario.

  2. Fantástica o voso labor de protección e sobre todo de divulgación. Seguide así e aquí tendes un novo apoio.

    • Moitas grazas, David. Velaquí tes o blog a prol da defensa do Pornedo para que nos vaias seguindo a pista. E benvido a este monte, sempre que queiras facerlle unha visita ao seu patrimonio natural e arqueolóxico. Saúdos e obrigados polo teu apoio.


Deixa unha resposta a David VA (@Falcatrueiro) Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: