Publicado por: MontePituco | 11/11/2011

A COMUNIDADE DE (DES)MONTES DE SAN XULIÁN

Asistiron ao pleno municipal de outubro cos seus ridículos cartaces reclamando a construcción do polígono industrial no Monte Pornedo. E no de novembro que se celebrou esta tarde-noite, volveron estar. En realidade, “suavizaron” a súa demanda, porque onde pretenden instalar o parque empresarial é dende Sete Camiños en diante. Eis unha mostra flagrante da súa torpeza, “maquillando” a demanda que formulan e tirando pedras contra os paupérrimos argumentos dos grupos políticos -Bng e Psoe- partidarios de converter o Pornedo nunha chaira de formigón e naves, posto que a partir de Sete Camiños as dimensións dese hipotético polígono redúcense considerablemente.

Pero que “orneen” ao seu xeito mentres DEFENDE O MONTE PITUCO segue sostendo que a instalación do polígono industrial no Pornedo é totalmente inviable: por tratarse dun espazo natural protexido, pola pendente superior ao 35% en case o 60% do terreo afectado, polo impacto paisaxístico irreversible nunha zona de alta intervisibilidade (segundo o Informe de Sostibilidade Ambiental do propio proxecto de PXOM), pola conservación obrigatoria dos Bens de Interese Cultural existentes na zona…

Nós temos os ARGUMENTOS mentres que eles o único que teñen é que son “máis”. Máis a repartir os supostos beneficios económicos que lles reportaría o monte comunal arramplado para a instalación dun polígono industrial que NON lles vai dar traballo aos veciños e veciñas da parroquia. DEFENDE O MONTE PITUCO non compra vontades con tazas de viño de balde no bar (un bar que, con razón, dá perdas) da Casa de Montes, nin con favores, nin con fumes nin promesas baleiras.

DEFENDE O MONTE PITUCO é para grandes minorías, para persoas con sentido común e cun mínimo de dous dedos de fronte. Para persoas que non cuestionan o incuestionable por mero capricho, que non retorcen a realidade en base aos seus intereses personais e económicos. Para persoas que respectan o medio ambiente e a cultura, persoas razoables que non necesariamente han ter un nivel académico nin intelectual concreto, senón capaces de entender que no Monte Pornedo “non hai máis cera que a que arde”, porque o lugar simplemente non reúne as condicións mínimas para construir un polígono industrial, polo que cómpre abogar pola localización doutra parcela con mellores perspectivas urbanísticas e con menos inconvintes ambientais.

A Comunidade de Montes de San Xulián recolle sinaturas entre a veciñanza intentando presionar o Concello de Marín para que avance na tramitación dun proxecto para o cal non ten capacidade financeira. Un proxecto que non vai depender das tropecentas firmas “compradas” que reúna a directiva da Comunidade de Montes e os seus vasallos, senón da viabilidade das obras, que está máis que en entredito por cuestións técnicas e económicas.

Uns representantes da Comunidade de Montes -lembremos que foron “elixidos” nunha asemblea irregular que foi impugnada- levan dous meses presentándose no pleno da Corporación Municipal “pancarta en ristre”. Esperemos que estean pagadas, agardamos, do propio bolsillo das persoas que as sosteñen; non ao cargo da Comunidade de Montes. Habería que velo. Apelan á democracia para xustificar a súa presenza nos plenos e anuncian que van seguir asistindo. Pois vale. DEFENDE O MONTE PITUCO leva dous anos exercendo ese dereito e nunca antes lle viu a pelambrera a estes directivos tan estirados e impertinentes, que ousan dirixirse aos veciños de DEFENDE O MONTE PITUCO en actitude provocadora e asoballante.

Son xente que tanto lle ri as grazas á esquerda como á dereita, que o mesmo lles dá branco que negro, que antano acorralaban a María Ramallo cando estaba na oposición para dourarlle a píldora, e hogano a quen gaban é a Fran Veiga tras perder a alcaldía: “Ays, m’encantó lo que dijiste del polígono en el Pornedo!”, espetáronlle ao ex-alcalde á saída do pleno, mentres el esbozaba un sorriso de orella a orella e se deixaba sobar o traxe, añorando a época feliz cando sentaba no sillón principal. Agora é “do montón” e a butaca resúltalle máis incómoda, por iso se consola aceptando as loubanzas artificiais da Comunidade de Montes de San Xulián, presidida por un ex-concelleiro popular. Todo queda entre “ex-algo”.

E si, cabalgamos con paso firme mentres eles esbardallan. E a foto do noso humilde chirico non lles fai xustiza ningunha porque non os retrata. Calquera burro ten unha intelixencia e unha capacidade de traballo infinitamente superior á súa, que van de espléndidos corceis e non pasan de ser uns simples “ponis” de feira.

…Porque claro, estarricados comodamente na barra da taberna non se enteran de que no monte están matando cabalos a balazo limpo, coma no salvaxe Oeste. Non se enteran da política porque só se dedican a mollar a palleta e aos seus turbios negocios mentres DEFENDE O MONTE PITUCO se ten que preocupar de que o Seprona e o Concello retiren o corpo dun pobre animal que apareceu morto no Alto do Pornedo a semana pasada, comesto polas alimañas. Así calquera dirixe unha comunidade de montes. Ogallá os comuneiros non tarden en decatarse da fauna silvestre que os representa.


Responses

  1. Tes razón sobrada cando dis que “Defende Montepituco” ten argumentos, e eles non os teñen.
    Imaxinade todos cómo será a cousa, que no pleno de outubro eran sete ou oito os portadores de carteis solicitando o polígono, e no pleno de novembro sólo quedaban dous, e un deles abandonou o pleno na metade porque chegaba tarde ó botellón (pareceume escoitar). A verdade é que según os comentarios que facían entre si, non me pareceu que nin o que se foi ó botellón nin o que quedou ali sentado, teñan coñecementos do que significa un polígono industrial (nin de ningunha outra cousa en xeral).

    Moi acertado o teu cartel “ornean logo cabalgamos”, e mais acertado aínda, que estivera colocado xusto ó ladiño do outro: “polígono industrial en sete camiños xa!”.
    A ver cando nos contas o transcurso do pleno, que foi movidiño
    Apertas

    • Moitas grazas pola visita ao blogue e polo comentario. En realidade, había máis “xente” desa do outro lado. A súa estratexia consiste en diseminarse pola sala para dar a impresión de que “o pobo de San Xulián”, como proclaman eles, reclama a instalación do polígono no Monte Pornedo. Non nos Sete Camiños, como finxen. Acaso cren que o polígono o van facer “a pedir de boca”? Onde a eles se lles antolle? Nada diso. O que pasa é que a ignorancia é atrevida.
      Para empezar, a Asociación de Veciños de San Xulián non apoia ese proxecto. O que pasa é que a directiva deste colectivo é máis elegante e máis prudente que os representantes da Comunidade de Montes de San Xulián, que son os que promoven este “carrexamento” de cartelería cutre.
      “Ameazan” con ir a todos os plenos, de agora en diante. Pois benvidos/as sexan. Agora ben, agradeceríalles que, por favor, vaian todos limpos e aseados, non atufando algún a viño (con perdón). Que saiban estar atentos, pero sen necesidade de abrir tanto a boca de pasmados: primeiro, para que non lles entre unha mosca e, segundo, para que non lles caia o fío de baba pola cara abaixo. Que estean calados para deixar escoitar ao veciño/a do lado, en vez de estar interrumpindo constantemente con frases ou improperios inoportunos e que non veñen a conto.
      O pleno, por suposto, irémolo debullando ao longo da semana. Efectivamente, tivo a súa miga.
      Saúdos.

  2. Para calquera que non asistira ó pleno, a túa descripción das personas que portaban os carteis podería parecerlle algo esaxerada. Eu, que estaba alí, podo corroborar que todo o que dis é certo.
    A todos os que asistimos ós plenos se nos escapa algún comentario ou un berro airado de cando en vez, cando a un concelleiro se lle ocurre decir algunha barbaridade, ou expón unha idea que vai en contra dos nosos intereses. O que non é de recibo é soltar frases incoherentes e fora de contexto. Moito peor se os “efluvios apestosos a tinto do país” se notan catro filas por diante.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: