A sección de Marín no Diario de Pontevedra recolle nunha das súas páxinas o artigo deste blog titulado “NO PORNEDO NON É VIABLE“.
Que toda a cidadanía coñeza dunha vez cales son os datos reais relacionados coa orografía da zona, na que un 57% do espazo afectado polo hipotético polígono ten unha pendente superior ao 35%, é dicir, máis da metade do terreo ten máis do dobre do desnivel recomendado pola Xunta para a execución dese tipo de infraestruturas. Quen paga semellante despropósito, sen obviar o impacto visual e paisaxístico brutal que suporían os desmontes e os taludes?


Máis información nos seguintes artigos:




Deixar un comentario