Publicado por: MontePituco | 07/11/2011

OUTRO CABALO MORTO NO MONTE

ACTUALIZACIÓN

08 novembro 2011, 08:30h. O Concello xa interviu para facilitar a retirada do animal. Dende primeira hora desta mañá a egua foi trasladada dende o Alto do Pornedo ata o lugar onde comeza a pista que sobe ao monte, no cruce da estrada de Figueirido co Regueiriño. Supoñemos que para evitar que o persoal da empresa especializada tivera que desprazarse ata o punto onde se localizaba o corpo e axilizar así a actuación. Non estaba de máis que os traballadores municipais tiveran tapado o cadáver cun plástico ou similar, para evitarlle o “susto” aos conductores que circulaban cedo de mañá pola zona. Grazas pola celeridade no tratamento desta desagradable incidencia.

Debe levar no monte dende o mércores ou o xoves desta semana, pois o martes festivo non estaba. Mentres non consigamos que o Concello faga as xestións oportunas para que unha empresa especializada retire os restos deste pobre animal (parece unha egua), recomendámoslles aos paseantes (esta tarde atopamos varios pola zona) que non se acheguen polo Alto do Pornedo cos seus cans. Non sabemos as causas da morte deste equino: non ten restos de pexas nas patas e tampouco presenta, na parte visible do lombo, marcas aparentes que permitan atribuirlle a súa propiedade a alguén.

O Seprona foi xa informado da presenza deste cadáver para que faga a inspección oportuna, se procede. Tamén foi informado persoalmente o concelleiro de parroquias, Ramiro Gestido, que se comprometeu a adoptar mañá mesmo as medidas necesarias, tendo en conta o apremiante que é actuar coa maior celeridade para que o deterioro progresivo do corpo non complique a súa retirada. Grazas ao edil pola súa receptividade a este novo problema que lle afecta ao Monte Pornedo, especialmente porque neste contorno hai acuíferos que surten de auga para consumo doméstico aos veciños dos lugares de Caeiro e da Pena.

ADVERTENCIA: As imaxes que seguen poden ferir a sensibilidade dos lectores.

Na marxe de 24 horas, do domingo ao luns, os signos de deterioro fanse máis evidentes. E máis desagradables que se irán facendo co paso dos días, confiando en que non se demore máis alá do razonable a actuación comprometida polo concelleiro de parroquias para resolver esta incidencia.

É o segundo caso do que temos constancia nos últimos meses (lembremos que en febreiro denunciamos neste mesmo blogue, grazas á denuncia dunha lectora, a morte doutro animal en circunstancias desafortunadas). Pode que non sexa o último. Ogallá non esteamos ante un caso de maltrato animal, cousa difícil de determinar a simple vista.

O máis chamativo, lamentablemente, é a perda de “valores” asociados ao ámbito rural: os habitantes das aldeas perden a súa querencia histórica por animais que, coma os cabalos, foron tan importantes para a economía doméstica e a vida cotiá nas casas da labranza. Os gandeiros desfanse dos cabalos e a polémica que está xerando a obrigatoriedade, por parte da Xunta, de instalarlle un microchip ao gando mostrenco, está convertendo os animais nas vítimas dunha situación de indefensión que, en casos coma o exposto, aboca na súa morte.

Artigo en febreiro de 2011: CONTRA O ANIMALICIDIO.


Responses

  1. […] relatamos anteriormente, nun artigo titulado “OUTRO CABALO MORTO NO MONTE” cales foron as circunstancias deste desagradable achado. O cabalo parece ter orellas cando foi […]

  2. […] artigo titulado “Outro cabalo morto no monte” (7 de novembro de 2011). …Raposo, miñato, eiruga, cadelo, abella, […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: