Publicado por: MontePituco | 02/11/2011

DESDRAMATIZAR A MORTE

…Desdramatizar a morte. Porque, simplemente, somos pó. Para que entón, sendo efémeras aves de paso, apegarse tanto ao material; por que -no patético afán que algúns teñen por trascender, por figurar, por ser protagonistas- empeñarse en desafiar as pedras, a auga e o vento que chegaron moito antes ca nós e aí seguirán impertérritos trala nosa marcha.

No día dos defuntos, unha lectura: “La muerte en el impreso mexicano”, de Mercurio López Casillas, impreso en 2008 pola editorial RM de México; un país no que, como Galicia, a morte -La Parca- ten un fondo valor simbólico, unha veneración e un sublime respecto pola memoria dos falecidos.

Dende o Monte Pornedo, a carón dos seus petroglifos, dos seus miradoiros, contemplando o solpor no horizonte da ría, velaquí a nosa doce e humilde ofrenda adicada a quen nos deixou: Xan, Paco… que partiron fisicamente, pero que habitan no noso corazón e nas mesmas raíces deste particular paraíso natural e histórico.

CANÇÃO PÓSTUMA

Fiz uma canção para dar-te;

porém tu já estavas morrendo.

A Morte é um poderoso vento.

E é um suspiro tão tímido, a Arte…

É um suspiro tímido e breve

como o da respiração diária.

Choro de pomba. E a Morte é uma águia

cujo grito ninguém descreve.

Vim cantar-te a canção do mundo,

mas estás de ouvidos fechados

para os meus lábios inexatos,

— atento a um canto mais profundo.

E estou como alguém que chegasse

ao centro do mar, comparando

aquele universo de pranto

com a lágrima da sua face.

E agora fecho grandes portas

sobre a canção que chegou tarde.

E sofro sem saber de que Arte

se ocupam as pessoas mortas.

Por isso é tão desesperada

a pequena, humana cantiga.

Talvez dure mais do que a vida.

Mas à Morte não diz mais nada.

Cecília Meireles (1901-1964), poeta brasileira, na obra ‘Retrato Natural’.

(Lembramos tamén o artigo ESPÍRITO E MEMORIA VIVA, do 2 de novembro de 2010).


Respostas

  1. Erasmo's avatar

    Pregunto, mi admirada colega. En realidad, cuando hablamos de la muerte, la recordamos en nuestros antepasados, en nuestos amigos, la veneramos en todos ellos e incluso hacemos una fiesta para no temerla ¿estamos pensando en la muerte definitiva, en la nada, o estamos pensando en la verdadera vida?

    • MontePituco's avatar

      Prezado Erasmo, o que haxa Máis Alá ou Máis Acá depende de algo tan íntimo e sagrado como as crenzas de cada un. En que crerían os nosos devanceiros cando construían túmulos funerarios tan impoñentes como as mámoas e os dólmens. Experimentamos a vida e -en sentido metafórico- tamén o pasamento en nós mesmos, todos os días, a cada momento: a inxustiza, o abuso e a traición que nos rodean mátannos figuradamente a cotío. Cada quen compensa aplicándose logo o bálsamo revitalizador que máis lle prace: nós conformámonos con seguir gozando da brisa da ría dende o alto do Pornedo, do solpor rodeados de pedras, toxos, carrascos e árbores, e dos camiños que nos conectan coa natureza, coa historia e coa cultura. C’est la vie.

  2. pasaba por aquí's avatar

    Talvez dure mais do que a vida
    Mas à Morte não diz mais nada

    A semente dos nosos finados vivirá para sempre en nós, e a nosa semente perdurará nos que deixemos atrás. En iso consiste a vida eterna. A morte non fala.
    Apertas


Deixar un comentario

Categorías