Publicado por: MontePituco | 18/07/2011

VISITA MULTITUDINARIA AOS PETROGLIFOS DE TOURÓN

O ano pasado por estas datas estivemos na primeira edición da festa da arte rupestre que organizaba o Concello de Ponte Caldelas no monte comunal de Tourón para participar na visita nocturna que ofrecía o Instituto de Estudos Miñoranos, cun locuaz e amenísimo Xosé Lois Vilar como guía da expedición. Se xa entón a afluencia de público fora masiva, este ano quedámonos curtos se afirmamos con rotundidade que había “unmundodediós” de xente. Máis de 300 persoas, segundo consta na crónica que realizou o propio IEM na súa páxina web. E dámos boa fe: ademais de veciños de Ponte Caldelas, de Pontevedra ou de Marín que nos achegamos ata alí para aprender sobre Prehistoria, arqueoloxía e arte rupestre, achegáronse un grupo ben numeroso de estudantes do Instituto Manuel Antonio de Vigo, cos seus pais e nais.

Queda entón perfectamente claro o interese e o poder de atracción social que xeneran este tipo de actividades, o papel indiscutible destes gravados como activos económicos. Para que outros/as ignorantes digan que “as pedras non dan de comer” e que “prefiren que o monte o leve un polígono industrial antes que a Brilat o vaia levar pola cara”. A palabras necias, oídos xordos. A palabras necias, argumentos e imaxes que demostran todo o contrario. Velaí o exemplo dos comuneiros de Tourón, cando decidiron poñer en valor o patrimonio histórico que había no seu monte, cando negociaron co Concello de Ponte Caldelas para crear un parque arqueolóxico que hoxe é un referente, cando acondicionaron todo o espazo para evitar que os incendios forestais arruinaran de forma irreversible esta riqueza. Grazas aos veciños e veciñas de Tourón por garantizar a pervivencia dese legado e ao Instituto de Estudos Miñoranos polo seu esforzo na difusión destes coñecementos que contribúen a concienciar a sociedade sobre o incalculable valor cultural, histórico e identitario destes gravados.

Xosé Lois Vilar impartiu primeiro unha charla sobre “Escenas de caza na arte rupestre galega” mentres Xilberte Manso proxectaba imaxes que exemplificaban todas as explicacións: mostras de arte xeométrico (círculos concéntricos, espirais, figuras reticulares, coviñas, esvásticas…) e de arte figurativo (figuras humanas ou zoomorfas de cervos, cabalos e mesmo cans) existentes en toda Galicia, inscricións na pedra cunha asombrosa antigüidade de 3.000 a 6.000 anos, mesmo con paralelismos localizados en Portugal e noutros puntos da Penínsulta ou do resto de Europa.

Despois da charla, a visita sobre o terreo á Área Arqueolóxica de Tourón, lanterna en ristre, para ver os círculos concéntricos con coviñas que se atopan no Outeiro da Forcadela; tamén os da Laxe das Cruces, onde destacan ademais os cervos feitos coa técnica do baleirado; para rematar finalmente na espectacular pedra situada no Nabal de Martiño, onde se atopan os petroglifos máis expresivos. Os asistentes non deixaron de sacar fotos, de preguntar curiosidades. Era espectacular contemplar dende o alto, en plena noite, o itinerario serpenteante que marcaban as luces dos visitantes, coma unha “Santa Compaña” máxica que subía monte arriba. E se tan asombroso era o espectáculo sobre o terreo, non menos marabilloso era no ceo, cunha lúa chea redonda e brillante que iluminaba a noite e as constelacións.

Mensaxe a navegantes: a área arqueolóxica de Tourón está aberta todo o ano. Paga a pena achegarse ata alí, cos bos accesos -perfectamente sinalizados- que ten. Preferentemente na hora do solpor, a partir das 7 da tarde, cando o sol xa vai baixiño e se perciben á perfección as marcas gravadas na pedra. Un espectáculo privilexiado e de balde. E para quen queira saber máis, están as xeiras de verán do Instituto de Estudos Miñoranos: o vindeiro mércores 20, a visita será á Serra da Groba, dende Belesar a Chan da Lebre, a cargo dos guías Xilberte Manso e Xosé Ramón García; con saída ás 18 horas da Praza de Sabarís. E a seguinte, aos petroglifos de Cotobade.


Responses

  1. Muy buena la defensa cultural que haces. Me ha gustado eso de que las piedras no dan de comer que claman algunos en su ignorancia atrevida. Que se lo digan a los egipcios con sus pirámides o a los griegos con el Partenón o a los romanos con las catacumbas. Estoy convencido de que estas piedras que hay en los montes gallegos podrían dar mucho dinero a la economía de Galicia si se explotaran bien los itinerarios y se hiciera una buena campaña de marketing. Hay clientes para todo y el medio ambiente y la cultura se valoran cada vez más. No cabe duda que hay un potencial tremendo en esta riqueza milenaria que nuestros ancestros grabaron y la naturaleza se encargó de guardar como un legado histórico para nuestra generación y las generaciones que nos sucedan. Ánimo en vuestra labor de dar a conocer algo en lo que tantos estábamos ignorantes. Es un desafío y un reto, pero merece la pena.

    • Hai moito, moito, por facer, empezando por intentar erradicar certas ideas máis propias das cavernas que do século XXI. Basta ver exemplos como o da Comunidade de Montes de Tourón para comprobar que na de San Xulián están máis que en cueiros. A anos luz!
      Moitas grazas polos ánimos. Hoxe chegáronnos tamén palabras de alento dende a costa ferrolá, nin máis nin menos. Así dá gusto batallar nesta causa chea de argumentos e na que cremos con tanta convicción. Saúde!

  2. As pedras falan e nós debemos escoitalas.
    Sólo os iñorantes fan oídos sordos.

    • …Ui! Iñorantes, como se che ocorre insinuar semellante cousa.
      Parece que xa os estou oíndo: “porque nós somos os que máis e mellor coidamos do monte, porque ninguén de fóra pode ousar sequera dicirnos o que temos que facer no noso monte, porque blablabla… e requetebla!”

  3. […] as amenas charlas que imparte e contemplar petróglifos á luz da lúa… Algunha delas, en Tourón, Ponte Caldelas. Unha experiencia moi […]

  4. […] E xa de paso en Ponte Caldelas, outra visita obrigada é ao parque arqueolóxico de Tourón, do que se tratou neste blogue en artigos como “Visita nocturna aos petroglifos de Tourón” e “Visita multitudinaria aos petroglifos de Tourón”. […]

  5. […] E xa de paso en Ponte Caldelas, outra visita obrigada é ao parque arqueolóxico de Tourón, do que se tratou neste blogue en artigos como “Visita nocturna aos petroglifos de Tourón” e “Visita multitudinaria aos petroglifos de Tourón”. […]

  6. […] -Multitudinaria visita aos petroglifos de Tourón (xullo 2011) […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: