Publicado por: MontePituco | 21/06/2011

ROTEIRO POLOS MONTES DO MORRAZO

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou este pasado fin de semana un roteiro para dar a coñecer o valioso patrimonio natural, paisaxístico e cultural desta reserva ambiental da bisbarra. Unhas 40 persoas participaron nesta primeira andaina, que pretende sensibilizar a cidadanía sobre os efectos negativos que tería a instalación de diversas infraestruturas proxectadas: o parque eólico adxudicado á multinacional italiana Enel Green Power, o polígono industrial do Pornedo, o de Cruz da Maceira unido ao de Pastoriza… As ameazas son múltiples nun espazo que, segundo a Plataforma, reuniría as condicións para integrarse na Rede Natura. Pola contra, a especulación urbanística das empresas desexando fincar dentes e poutas, e as políticas irracionais que desoen a voz da cidadanía, fan temer que os Montes do Morrazo, catalogado como solo rústico protexido.

Partindo da mámoa de Chan de Arquiña, o roteiro percorreu algunhas cimas da zona, dende Monte Faro de Domaio, pasando por Pedras Negras, ata Coto do Home, o punto máis elevado da península, a 624 metros de altura. Dende esta atalaia, empregada como punto de despegue polos afeccionados ao parapente, divísase unha abraiante panorámica das Rías Baixas, das Illas Atlánticas, dos montes do Barbanza e mesmo do norte de Portugal. O colectivo ecoloxista Luita Verde advirte do impacto visual, xeolóxico, natural e arqueolóxico que tería a instalación dos arredor de 25 aeroxeneradores previstos: artiluxios con mástiles de ata 100 metros de longo e pás de ata 50 metros, que coparían os altos do Monte Faro e Coto do Home, mais tamén da Serra de Domego e do Monte Formigoso.

Paga a pena pararse a admirar esta contorna privilexiada: a flora endémica, con especies como a linaria ou “paxariño”, o senecio ou “herba de Santiago”; a importancia da matogueira; a presenza de cabalos salvaxes, de batracios, insectos e aves; sen esquecer a riqueza da toponimia.

(Premer na ligazón seguinte para ver a reportaxe fotográfica completa).


Responses

  1. […] *Artigo sobre o 1º roteiro polos Montes do Morrazo. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: