Acorado e roibo
durmíase o día,
coa testa deitada
no colo da ría.
As campás beatas
no ceo bulían
rezando rosarios
á Virxen María.
Bogando nas nubens
cara ao ceo ían
envoltas nos ouros
do sol que morría.
Pol-o mar as velas
eran folerpiñas,
que da lúa aberta
nas ágoas caíran.
Da veira do río
chegaban cantigas
choutando nas leiras
molladas de risas.
Preto do hourizonte,
estrelas obrizas
frotaban os ollos
tirando perguiza.
E bicando os lonxes
as foulas ispidas
o alén nevaban
de limpas surrisas.
Un outo aturuxo
voando fuxía.
E os bosques lonxanos
noite revertían.
“Sol-por” (Proel, 1927)
LUÍS AMADO CARBALLO
(Pontevedra, 1901-1927)
A ver si un dia atreveste a escribir unha poesía túa…
By: Mirando o mar on 17/06/2011
at 06:54
…Pois xa teño posto algunha.
En calquera caso, os versos que penduro son unha mostra de admiración polos poetas clásicos e contemporáneos. E unha aposta pola boa maridaxe que fan natureza e literatura.
By: MontePituco on 17/06/2011
at 07:38
onde hai unha tua ?
By: Mirando o mar on 17/06/2011
at 11:01
…Ui, están por aí, amig@, por aí…
Ciscados entre os máis de 400 artigos que suma xa o tinglado este.
By: MontePituco on 17/06/2011
at 11:37
Apuesto a que dos de los versos Made in Monte-Pituco, son los dedicados a sus dos progenitores en sus respectivas conmemoraciones. De una sensibilidad exquisita.
By: incondicional on 17/06/2011
at 14:32