Pola sombra, e con vento fresco. Porque xa lle vai sendo hora de superar a fase de “negación” (…Como puiden perder as eleccións, se fun máis mellor alcalde do mundo mundial! –pensaría na noite do 22-M) subseguinte ao resultado electoral máis que inapelable. Esfumouse aquel “bo-rollismo” que desprendía Francisco Veiga dende o sillón presidencial na sesión de maio, agradecendo o traballo da Corporación e despedindo a lexislatura en ton ceremonioso, cunha cortesía engolada e artificiosa. Tornouse frialdade no “pleno-express” de trámite celebrado esta semana, que nin tempo lle deu ao alcalde saínte de quentar o asento por derradeira vez antes de cederlle o bastón de mando a María Ramallo. Que p***!
Erasmo chámalle Francisco Veiga “O desdichado”. De agora en diante, merece un alcume máis acorde ao seu palmo de napia:
Francisco Veiga “O Resentido”
Deixar unha resposta