
Un día hamos ser neniños
nun país bárbaro de montes
e xesteiras inmensas, amarelas,
e prados sempre verdes, e bois pios,
e infinitos regatos, patuxando
pra os muiños de mao.
Os galos de cen aldeas
traiguerán do país dos mouros
carros de sol, que as loias, ô mencer,
irán esparexendo sobre os picos
e as rozas do centeo.
Nas veigas de Moimenta os poltros novos
correrán entre a i-erba e o retroballo
das froles, que lles chegan ô fuciño.
Por tódal-as veredas
haberá unha rolada de rapaces,
argallando nos cómaros, ô sol.
E no medio dos trigos
han de nacer brazados de cantares
para encher de alegría
as cambeleiras orfas desta hora.
Aquilino Iglesias Alvariño, do poema “Un día”, incluido no poemario “Cómaros verdes” (1947)
POLA CONSERVACIÓN DO MONTE PORNEDO, POLA RECUPERACIÓN DOS SEUS VESTIXIOS PREHISTÓRICOS, POLA EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE DOS SEUS RECURSOS FORESTAIS, POLA XESTIÓN RACIONAL DO MONTE VECIÑAL COMUNAL…
…POLA CREACIÓN DO ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS.



Deixar un comentario