Publicado por: MontePituco | 07/02/2011

CONTRA O ANIMALICIDIO

Cando M. contactou connosco para lamentar que a súa andaina polo monte lle causara unha fonda decepción, non podiamos imaxinar ata que punto fora testemuña de algo tan horrible. No lugar das Cadenas, a pouca distancia do camiño, xace o cadáver comesto e putrefacto dun burro que, a todas luces, tivo que ser abandoado alí, quen sabe se enfermo ou mesmo impedido, que nin da corda ao pescozo se puido librar para morrer, nin dun pau que aínda leva atado nnha pata.

Exprimindo as páxinas do diccionario non hai palabras abondo para expresar a mágoa e a rabia, a frustración e as ganas de dimitir desta noxenta especie humana que non ten nada de sapiens e moito de cruelis e ignorantis. É a imaxe máis dura que se ten asomado a esta fiestra virtual dende a que o Monte Pituco clama por sobrevivir e por rexurdir fronte aos intereses políticos e económicos de quen pretende destruir o seu valor natural, paisaxístico e cultural cun agresivo sopapo de formigón. Pero é, sen dúbida, a imaxe máis real, e á realidade non lle hai que virar as costas. Nunca. Cómpre ser valentes para afrontar o negativo e combatilo con cantos máis cóbados e neuronas, mellor.

Ogallá fora a primeira e a derradeira imaxe da morte e da miseria. Pero sabemos que haberá máis fochancas de lama nas que caeremos de bruces, porque hai moita maldade, altas cotas de traizón e unha absoluta falta de principios. Mais tamén temos a certeza de que para loitar contra todos eses xigantes hai persoas como M. ás que o monte lles doe, e que se preocupan por este terruño que outros desprezan ou do que outros se queren aproveitar. Os seus ollos son os nosos tamén.

Por iso, dende DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO), vaia este chamamento a toda a veciñanza de Marín e da contorna para que nos informe de todas as deficiencias que atope neste espazo, ou noutro próximo. Problemas e circunstancias ás que non cheguemos por descoñecemento ou por falta de medios, porque compartindo e denunciando dende aquí a existencia desas situación, visibilizándoas, poderemos pouco a pouco acadar un monte máis vivo. O contrario é o silencio, a desidia, o lixo debaixo da alfombra.

Que tomen nota na Comunidade de Montes, que baixen da súa torre de cristal (tamén chamada bar ou taberna) e se poñan a traballar porque hai moito que facer: animais abandoados, gando ceibe sen regularizar e maltratado con pexas e trancas, verquidos ilegais de escombros, pistas e camiños nun estado de conservación máis que calamitoso, pintadas e agresións ao patrimonio histórico, circuitos irregulares de motociclismo en zonas de recente repoboación forestal, fontes e bebedoiros en pésimas condicións de hixiene, abundante maleza e especies herbáceas invasivas… E ousan por riba queixarse de que se lles desprestixia, cando polo que teñen que responder precisamente é pola súa xestión e pola imaxe do monte?

Por suposto, o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil ten a notificación oportuna sobre o caso denunciado, como así o terán a Policía Local e o Concello de Marín para que tomen as medidas oportunas.


Responses

  1. […] Contra o animalicidio – Defende o Monte Pituco (Pornedo) montepituco.wordpress.com/2011/02/07/contra-o-animalicidio/  por Socram hai 3 segundos […]

  2. Parece mentira que nunha zona evidentemente rural como é a nosa, onde a xente está afeita a convivir cos animais, e coñece de sobras a súa nobreza, haixa xente tan insensible e f. de p..
    A primeira vez que vin un cabalo cunha tranca desas na pata quedei tan abraiada que non podía falar.
    Como é posible que pasen estas cousas?
    Para quere esta xente un cabalo se o deixa abandonado no monte e aínda porriba lle prende unha pata para que non poida moverse?
    Iso non é amor polos animais nin nada. Iso é crueldade.
    Penso que hai homes que teñen complexo de inferioridade e como non se sinten capaces de descargar a súa ira cos seus semellantes, descárgana con estes seres indefensos. É unha maneira de sentirse fortes.
    Os seres humanos somos as criaturas mais ruins desta Terra, os únicos que matamos por pracer, que torturamos sabendo que facemos mal, que abandonamos
    a quen nos quere ben.
    O concello ou a Xunta terían que botar man deste asunto e empezar a meter multas ben gordas.
    A ver se aprenden estes energúmenos.

    • Tes toda a razón, BreaSeixo. Compromiso activo da veciñanza e rigor na aplicación da lei de protección da natureza era o que facía falta para que non tiveramos que avergoñarnos de situacións coma esta. En cambio, case dá máis lástima ver como reacciona unha parte desta sociedade podre na que vivimos: mirando para outro lado, cruzándose de brazos, farfullando excusas ou escaqueándose do cumprimento das responsabilidades. Só nos queda seguir berrando.

  3. […] en febreiro de 2011: CONTRA O ANIMALICIDIO. Like this:LikeBe the first to like this […]

  4. […] artigo titulado “Contra o animalicidio” (7 de febreiro de […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: