Publicado por: MontePituco | 06/02/2011

A LEI DE AUGAS (II)

A charla que este xoves 10 de febreiro ás 19:00 horas vai dar o presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, na Biblioteca Pública de Marín, chega un pouco tarde. Porque o BNG -si, o BNG, aínda que convoque en nome do Concello as charlas “des-informativas” que vén impartindo por todo o rural- xa leva colleitado un feixe de alegacións contra a Lei de Augas, a base de contaminar a opinión da veciñanza e de aportar un enfoque politicamente interesado da lei, cun clarísimo tufo electoral, posto que xa se albisca o horizonte das eleccións municipais. En calquera caso, a presenza de Francisco Menéndez é oportuna para contrastar a versión intoxicada do BNG e aclarar as dúbidas que a poboación teña da interpretación da lei, que está ao alcance de calquera persoa no DOG e na páxina web da Xunta, ademais da ligazón que se pon, novamente, a continuación:

LEI DE AUGAS DE GALICIA / 2010


Responses

  1. aínda que os do bloque son uns oportunistas non podemos deixarnos enganar polo pp. o que queren é a privatización pura e dura da auga.
    van facernos pagar polos pozos que temos na casa e pretenden por un prezo para poder vender, ou como din eles xestionar mellor o servizo, e transferir un ben que é de todos a empresas privadas.

    O sindicato labrego galego sabe de que vai o asunto, podedes mirar aquí:
    http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=624

    • Estamos de acordo en que esta Lei de Augas conleva a aplicación dun novo imposto que vai gravar a -xa axustada- economía das familias, non hai máis que ler o texto legal publicado no DOG para decatarse. A maniobra xa se cheiraba dende había tempo -penso que mesmo dende o bipartito- cando se estableceu a obligatoriedade de crear comunidades de propietarios/usuarios de mananciais como os que hai no Caeiro, na Pena ou na Bouza. Facer declarar o consumo non tiña outro sentido que acabar cobrando polo tal. E coas eleccións municipais a tres meses vista, o Bloque aproveita para cargar contra o PP e lucir o disfraz -agora que estamos preto do Entroido- de paladíns xusticieiros. Nesas charlas polo rural, como a de Viñas Brancas, non desaproveitan a ocasión para alardear -con falsa modestia- das mocións presentadas polo seu grupo parlamentar no periodo de tramitación da lei. U-las charlas informativas daquela, antes da aprobación e entrada en vigor? Politicamente cubriron o expediente no seu momento sen facer moito barullo e deixaron seguir a cousa para levantar a lebre a estas alturas, chamando á rebelión das masas. Os veciños, naturalmente, reaccionan mal ante a idea de pagar, pero a mensaxe vai intencionadamente mal enfocada: non son conscientes de que van ter que pagar polo consumo da auga, senón que atribúen o novo canon ao pozo que pagaron sacrificamente do seu peto. Por iso criticamos que o Bloque manipula e xoga electoralmente coa vontade e coas emocións dos veciños. Un Bloque hipócrita, por certo, que finxe preocuparse moito pola auga, pero que non lle importa deixar en seco aos veciños de Pena, Caeiro, Laxe, Casal, Bravos, Arealonga e outros núcleos, cando o polígono que proxectan no Monte Pituco perxudique -ou, directamente, desvíe- os mananciais que nos levan fornecendo toda a vida de auga para consumo doméstico e para regadío.
      Graciñas, coma sempre, pola visita ao blogue, e pola túa interesante achega.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: