Publicado por: MontePituco | 31/01/2011

LEI DE AUGAS (I)

Asistimos o venres pasado ao paripé pre-electoral dos concelleiros de Medio Ambiente e de Urbanismo, Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa, arengando -como bos salvapatrias- a veciñanza de San Xulián a participar coa súa sinatura na marea de alegacións coa que o Concello de Marín, a través do grupo municipal do BNG, quere inundar a Xunta en contra la Lei de Augas aprobada en novembro de 2010. Antes de contar a nosa experiencia desa charla manipuladora -e anticipando o noso rexeitamento á imposición dun novo imposto que, por outra banda, xa se vía vir dende que o anterior bipartito mandaba no Goberno autonómico-, vaia por diante, como aperitivo, un comunicado da Asociación de Veciños de San Xulián.

A Asociación de Veciños de San Xulián manifesta a sua preocupación pola pouca claridade e a confusión que se está xerando dende o equipo de goberno de Marín a respecto da Lei 972010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia. Calificamos de extemporáneo e irresponsable o carrusel asembleario de Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa; os cales, xunto co alcalde e demais membros do Goberno de Marín, fixeron deixación de funcións, xa que o Concello non fixo nada, nin informou a ninguén durante o trámite da lei, nin presentaron ningunha alegación en tempo e forma. Facer unha moción mes e pico despois de de aprobada a lei é unha burla propia duns auténticos ineptos, que só buscan asegurarse o salario catro anos máis.

A AAVV de San Xulián non quere proclamas electoralistas do BNG nin do PP, e esixe información clara e concisa avalada por informes técnicos e xurídicos sobre a repercusión da presente Lei de Augas no ámbito rural, e da súa afección directa sobre as traídas comunitarias legalizadas e os pozos propios, aclarando os casos exentos do canon da auga contemplados no artigo 47º.

Por tal motivo, a AAVV de San Xulián demándalle á Xunta de Galicia e ao seu responsable de Infraestructuras e de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que envíe ditas aclaracións a todos os presidentes de traídas de augas comunitarias e aos donos de pozos propios, certificando o que ten manifestado na prensa. Pois, do contrario, “os voceiros do Concello” e o Sr. Hernandez, ou están falando de leis distintas, ou alguén mente.

Se esa información xa está no Concello, e avalada polos servizos técnicos e xurídicos (como debía de ser), os concelleiros Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa, e o alcalde de Marín, non poden seguir agochando o coste do recibo da auga e do saneamento que lle van mandar aos veciños, porque iso é o que realmente nos interesa aos contribuintes; cousa da que non informan a ninguén.

Sendo tan inxusto como afirman, demandámoslles que non cobren ou que baixen a auga, mostrando así a súa solidariedade cos afectados. Do contrario, o Concello sería cómplice “do presunto abuso”, pois non hai ladróns sen que haxa alcahuetes. Co agravante de ter incurrido en deixacións de funcións.

Independentemente do rosario de confusión e da falla de información veraz, a AAVV de San Xulián manifesta a necesidade do control sanitaro e do uso racional da auga, opoñéndose a calquera canon que grave as traídas e pozos veciñais legais, se así se confirma na información demandanda. O respecto enviaranse senllos escritos ao Concello de Marín e mais á Xunta de Galicia.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: