Publicado por: MontePituco | 11/01/2011

O VALEDOR CONTESTOU, O PSOE TAMÉN CONTESTA

…Unha imaxe vale máis que mil palabras.

Dende a sé central do PSOE na rúa Ferraz, de Madrid, a Comisión Executiva Federal pertencente á Secretaría de Organización do partido, dáse por enteirada da situación na que se atopa DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) pola negativa do alcalde de Marín a escoitar os argumentos contrastados deste colectivo para opoñerse á instalación dun polígono industrial na ubicación que pretende o Goberno local que encabeza o socialista Francisco Veiga. Na súa contestación, o PSOE comprométese a poñer este desamparo en coñecemento da súa secretaría de Cidades e Política Municipal.

Ademais de dirixirse ao PSOE e ao Valedor do Pobo, que manifestou igualmente a súa intención de intervir, DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) tamén protestou ante a Federación Galega de Municipios e Provincias e ante a Federación Española de Municipios e Provincias.

 


Responses

  1. Pódese poñer a carta do PSOE no aseo do Concello de Marín e logo, unha vez usada, remitila de volta a Comisión Executiva do Partido. Bo agasallo de fin de ano ao Veija.

    • …Pois como o Valedor, o PSOE, a FEMP e a FEGAMP interveñan neste caso flagrante de prepotencia, Veiga vai ter que dar unhas cantas explicacións. Por desgraza, moito nos tememos que o alcalde non vai dar o brazo a torcer. Só as urnas, próximo mes de maio, o poden dobregar e baixar do seu honorable poleiro.
      Grazas pola visita ao blog e pola túa participación.

  2. Os felicito por vuestra lucha y por vuestra labor. Estais en el buen camino. Sigo pensando, de todos modos, que al final el polígono no va a ir en Montepituco. Es más, dudo que salga adelante el PXOM en esta legislagtura. Después de las elecciones hablaremos.

    Animo¡¡¡

    • Prezado Erasmo, moitas grazas pola túa mensaxe. Como se soe dicir, o rastro de visitas e comentarios que deixas neste blog hónranos e prestixia os contidos nos que traballamos con esforzo e sacrificio. Estamos loitamos contra mentes verdadeiramente pechadas e obtusas: dende o alcalde, pasando polos concelleiros de urbanismo, de medio ambiente, de rural, ata a comunidade de montes de San Xulián. Non só non atenden a razóns, é que non queren nin coñecelas. Probablemente porque os nosos argumentos son sólidos e chocan contra os seus intereses. As recentes inundacións que padeceu Marín a consecuencia dunha simple borrasca son outra proba máis de que a elección do Monte Pituco, ou Pornedo, como posible emprazamento para un polígono industrial, é absolutamente errada. O que pretendemos é que o tempo “non” nos acabe dando a razón. O que pretendemos é que se tomen as decisións adecuadas no momento adecuado para evitar laios e lamentos no futuro, a consecuencia dos danos irreversibles que provoque semellante desatino técnico, urbanístico e ambiental.
      …Non nos cansaremos de repetilo.
      Unha aperta, e ata cando queiras.


Deixa unha resposta a MontePituco Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: