Publicado por: MontePituco | 04/01/2011

…COIDA GALICIA? …OU DESTRÚE GALICIA?

A Consellería de Medio Ambiente vén de pór en marcha unha campaña de marketing denominada “Coida Galicia” que se está a difundir en prensa, radio e televisión, coa imaxe do actor Pedro Alonso. Un millón de euros investidos, segundo fontes da web BriefingGalego, coa seguinte finalidade, segundo a información que consta na propia web da campaña:

“O obxectivo desta campaña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é SENSIBILIZAR a sociedade galega en xeral e os colectivos implicados en particular sobre a necesidade dun CRECEMENTO SOSTIBLE. Trátase de divulgar a idea de que hai que AVANZAR pero pensando no FUTURO, no TURISMO, na nosa FAUNA e na nosa FLORA, nas nosas RÍAS e nas nosas COSTAS, de modo HARMÓNICO. Esta mensaxe inscríbese no labor da Xunta de Galicia por implantar un MODELO que, atendendo ao INTERESE XERAL, incida na importancia da ESTÉTICA, no respecto ao AMBIENTE e na SUSTENTABILIDADE do CRECEMENTO”.

…Que contrasentido! Unha mensaxe tan idílica non fai máis que chocar frontalmente contra a crúa realidade. A Consellería de Medio Ambiente vén de aprobar unhas Directrices de Ordenación do Territorio que, aínda que non desprotexen os Montes do Morrazo, deixan nas voraces gadoupas do Concello de Marín a responsabilidade de velar pola conservación da parte que lle corresponde, isto é, o Monte Pornedo, onde o Goberno local pretende instalar un polígono industrial que arrasará coa riqueza ambiental, paisaxística, cultura e turístiza deste enclave.

SALVEMOS O MONTE PITUCO!!!

POLÍGONO INDUSTRIAL NON!!!

 

 


Respostas

  1. Coido que a Xunta debería de implicarse algo máis con leis proteccionistas, Galicia é de todos, non só do alcalde de quenda ou da xente adiñeirada.
    Tentar “lucirse” con campañas máis ou menos sensibilizadoras e “gastarse” alegremente un millón de euros que logo se din, non me parece suficiente para parala desfeita que estamos a sufrir.

    • Velaí a proba de que somos un pobo con grandes contradiccións, no que o que hai de portas adentro é totalmente diferente á imaxe que proxecta a “fachada”.

  2. […] por xaneiro de 2011? Dela deramos conta no blogue DEFENDE O MONTE PORNEDO cun artigo titulado “Coida Galicia, ou destrúe Galicia?”. Porque diso parece tratarse: facer por detrás todo o contrario do que por diante se anuncia. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: