Son días convulsos, días agresivos, días violentos. O mundo revolto, o mundo ferido, o mundo torto. E as persoas? Ariscas, encendidas, agres… Reloxos a cero. Mentes abertas e espertas.
Ordenemos o universo
lavemos a cuberta e botemos pola borda
tanto lastre inútil,
e así, sen peso,
co universo ordenado
debuxemos un mapa para a viaxe.
(Marta Dacosta. Vigo, 1966)
Bonito…
By: lameira on 17/11/2010
at 09:28
Ola, Lameira. Benvido ou benvida ao blogue pola defensa do Monte Pornedo e grazas pola túa mensaxe.
Esta cortometraxe alemana gañou un festival audiovisual europeo. Parecíanos un xeito fermoso e entrañable de “recordarnos” que os conflictos, sociais e mesmo ambientais, precisan dunha solución dialogada, dun achegamento cordial. Dividindo, perdemos. Perdemos todos. Cómpre sumar, pois.
O poema de Marta Dacosta pertence ao libro “As Amantes de Hamlet” (2003).
Saúdos outonais.
By: MontePituco on 17/11/2010
at 10:34
A los lectores y en especial a la autora de este cobijo.
Gracias.
By: sufridora on 17/11/2010
at 18:08
…SEN PALABRAS.
Moitísimas grazas, amiga, quen sexas, por esta mensaxe de ánimo.
Creo que o imos necesitar.
By: MontePituco on 17/11/2010
at 21:27
Unha aperta para MontePituco dende A Brea-Seixo
By: breaseixo on 18/11/2010
at 19:43
Unha re-aperta colectiva dende o curuto… do Monte Pituco.
By: MontePituco on 19/11/2010
at 14:41