Publicado por: MontePituco | 08/11/2010

REFLEXIÓNS EN MARINENSES.COM

Viramos a ollada ao foro marinenses.com, onde un artigo de Erasmo titulado “Transparencia y opinión pública” está xerando, para non variar, moitas intervencións.

“…Hoy por hoy el único foro de debate serio sobre todos los problemas y las cosas que suceden en Marín se halla en Internet. En este sentido, los tres espacios más interesantes e imprescindibles para seguir por cualquier ciudadano que quiera estar mínimamente informado -y tener criterio- son marinenses.com, breaseixo.wordpress.com y montepituco.wordpress.com. Es cierto que la prensa y los medios de comunicación en general son el mejor escaparate para la información y esto no lo pone en duda nadie, pero Internet se ha convertido en el mejor vehículo de comunicación para conocer mejor los entresijos y sobre todo seguir el pulso de la opinión pública en los núcleos poblacionales medianos o pequeños, como es el caso de Marín, donde la gente conoce las caras de sus vecinos”.

Agradecémoslle a Erasmo a súa amabilidade citando esta modesta páxina que aínda non chegou a cumprir o seu primeiro ano de vida virtual e que, a estas alturas, xa acumula unha bagaxe de 266 artigos e preto de 11.500 visitas. Cando academos ese primeiro aniversario de DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) e botemos a vista atrás, sentiremos o que xa estamos comezando a percibir segundo se achega o momento: unha mestura de vértixe, satisfacción, agradecemento e ganas de mellorar.

Comenta Erasmo dende a atalaia “Rurales y urbanitas” que o único partido que emprega Internet como ferramenta de comunicación é o BNG e que nin o PP, nin MAR-IN nin o PSOE teñen un espazo propio dende o cal dirixirse á cidadanía, máis alá do que recollen sobre eles os medios de comunicación impresos. Estamos moi de acordo cunha frase súa: “Hacer política y no saber comunicarla es el camino más directo hacia el desastre”.

Quen teña tempo e ganas de ler toda a cadea de comentarios farase unha idea exacta do debate no seu conxunto, alén dos fragmentos que destacamos aquí. Mais non queriamos que as ideas que expuxemos nese foro quedaran sen compartir con todos os visitantes de DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO), sexan asiduos -ou non- da páxina marinenses.com.

Ao fío do comentado por Erasmo, cómpre apuntar que hai tempo sabiamos que o grupo municipal socialista se laiaba de que non conseguía que os marinenses coñeceran e apreciaran os logros da súa xestión, mentres os seus socios nacionalistas sacábanlle máis proveito mediático ás súas accións, mesmo arrogándose iniciativas que o PSOE emprendera con antelación. Salta á vista a importancia que lle dá o BNG en xeral e o marinense en particular, á comunicación, de aí a súa presenza en Internet mediante os contidos da súa páxina web do seu perfil en Facebook, sen esquecer outras accións tan controvertidas como a publicación daquel cacarexado boletín no que se atribuía liderar a iniciativa do goberno municipal, ou mesmo a polémica contratación dunha xornalista para canalizar a información derivada das súas áreas.

Que lle leva a DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) a expresarse neste blogue ou a opinar en marinenses.com? O inconformismo e o desexo de contar situacións e experiencias que doutro xeito non se visibilizarían. Velaquí o noso diván colectivo, fronte á imposibilidade de abordar directamente co Goberno local unha problemática tan grave e potencialmente inminente como a instalación dun polígono industrial, da que non nos podemos abstraer nin cruzar de brazos, contando, como contamos, con argumentos sólidos que desaconsellan semellante actuación. Porque este Goberno local é un centro de poder, ocupa unha posición dominante, ten capacidade -que non lexitimidade- para ignorarnos, ningunearnos e desprezarnos, como así fai.

Por iso, bendita “rede de redes”, esta ferramenta de comunicación é a voz que eses “poderosos” do Concello de Marín -que hoxe está aí facendo da súa capa un saio e mañá a saber onde irán dar cos seus ósos- non queren escoitar nin atender. Saben canto tempo pasou o presidente da Asociación de Veciños de San Xulián pedíndolle unha entrevista ao alcalde? Ano e medio! E a semana pasada, cando por fin se celebrou o encontro, saben canto tempo lles adicou o alcalde aos representantes veciñais? Vinte minutos (sendo xenerosos) que non deron para nada! Con ese precedente, a DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) aínda nos queda medio ano, e máis que nos quedaría se non rematara a lexislatura coa celebración das eleccións municipais en maio…

Alguén alcumado LibreAlbedrío replícalle a Erasmo:

“…Dice echar usted de menos un blog individualizado donde los políticos de nuestro Concello se prodiguen en sus compromisos y actividades. (…) A mi modesto entender, utilizar y convertir Internet, esta bazofia de políticos, en una prolongación y proliferación de sus mentiras, pamemas, patrañas y argucias de embaucamiento: No gracias. Usted dibuja en su mente un modelo político municipal y de estado -permítame decirle- idílico, que no pongo en entredicho que funcione en otros países a las mil maravillas, y que sería fantástico ponerlo en práctica en donde nos ha tocado respirar, pero hoy por hoy estamos a años luz. (…) No sería tan mala la política, si no fuera tan rastrera la mente de quienes la manejan. Falla la ética, los valores, el interés propio salta por encima del interés común. (…) Estamos en que el ejercicio del debate es siempre positivo, que surgieran muchos “breaseixos”, muchos “montepitucos”, al igual que personas en política con carisma, que representaran a la amplia mayoría de los ciudadanos, que se esforzaran por conseguir objetivos que beneficien al pueblo, a veces no juega tanto la preparación -que también- como el deseo de prosperidad, buen inicio que nos situaría en el camino de un Marín pujante”.

Esta reflexión lévanos a afirmar que os cidadáns temos ante nós un desafío diario a respecto das mensaxes que nos chegan dende o bando político (ou económico ou calquera outro que represente uns “intereses”): discernir entre o que é ruido, propaganda ou trola, e o que verdadeiramente acontece ao noso redor. Gustaríanos crer que vivimos nunha vila intelixente -non necesariamente en termos académicos nin intelectuais- senón en termos de cidadanía responsable, que non vive “xorda, cega e muda”, apampanada por cantos de serea ou anestesiada polo escaparatismo mediático. Non é doado; require esforzo e compromiso. En DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) o noso único “sesgo” é a defensa do territorio seguindo criterios técnicos e obxectivos, a conservación do patrimonio rupestre e do medio ambiente atendendo á evidente riqueza cultural e natural do monte, os dereitos dos veciños a manter a nosa calidade de vida. E nada disto é incompatible co progreso económico da vila e, se non quedara máis remedio, coa instalación dun polígon industrial plantexado en termos de respecto ao anterior e de racionalidade. Pasen, lean e participen.

POST-DATA:

“…Para una misma realidad habrá multitud de valoraciones por parte de la ciudadanía dependiendo siempre de las circunstancias, los efectos y daños colaterales de los hechos y medidas que se deriven. Por poner un ejemplo reciente, vaya por delante mi admiración por MontePituco, me sorprende cómo es posible que ocasione tanta desazón las rodaduras y el fangal que preparan los quads y motos que transitan por el monte y que la mayoría -estamos de acuerdo- van a guarrear el medioambiente, y que por descontado se perpetran acciones de juzgado de guardia, me refiero a lo último que expuso en su blog; pero para otros es una forma diferente y agradable de disfrutar de la naturaleza la práctica del motor, y en cambio no se objeta lo más mínimo a los “socabrones” que provocan los tractores que van a “apañar a herba” o los camiones que recogen la madera que procede de la tala de árboles, verdaderos destrozos ¡digo!”.

Esta observación de LibreAlbedrío merece que insistamos na seguinte valoración: o estado no que os tractores madeireiros deixan o monte parécenos detestable e dunha falta de respecto -e mesmo de educación e profesionalidade- que clama ao ceo, cousa que as comunidades de montes deberían vixiar e non consentir. Mais non podemos compartir o punto de vista de quen vén cunha moto ou cun quad a “disfrutar” da natureza destrozándoa coas súas rodas, facendo un ruido que espanta ata o máis minúsculo animal, e deixando no monte restos de latas, de combustible, de pezas mecánicas e do que se tercie. Para exercitarse en vehículos de motor están os circuitos e, precisamente, a comunidade de montes de San Xulián habilitoulles aos pilotos un espazo concreto para a práctica desa actividade, de modo que no contorno do Pituco, ou Pornedo, non son benvidos/as. En calquera caso, é oportuno concluir cun proverbio indio que LibreAlbedrío apuntaba na súa contrarréplica, e que acaso indica que nos unen máis ideas das que nos separan:

“A TERRA non é unha HERDANZA dos nosos PAIS, senón un PRÉSTAMO dos nosos FILLOS”.

Ogallá.


Responses

  1. O alcalde de Marín é un firme defensor do patrimonio forestal…
    O patrimonio forestal de Monte Carrasco.
    Parece ser que Monte Carrasco interésalle mais ca Monte Pituco.
    Na páxina 4 do Diario de Pontevedra do domingo día 7 de novembro, aparece a plataforma de alcaldes defensores dunha sanidade totalmente pública, algo moi loable se non hubera detrás unha gran carga de propaganda electoral e grandes dosis de cinismo. Fran Veiga é un dos seus portvaoces.
    Comento isto porque se amosaron os alcaldes moi preocupados porque a Xunta pretende “destruír o patrimonio forestal de Monte Carrasco” para construír un hospital.
    E que pasa con Monte Pituco?
    Non ten patrimonio forestal?
    O alcalde de Marín é un home “demediado”, partido o seu cerebro en dúas metades que non se aclaran entre elas.

    • Estamos plenamente de acordo, BreaSeixo. E temos moi presente o contido desa rolda de prensa que se deu o sábado en Pontevedra, con Fernández Lores de anfitrión e de paladín do patrimonio forestal de Monte Carrasco, como lle corresponde no exercicio do seu cargo a prol da defensa do concello no que goberna.
      …Unha rolda de prensa á que asistía o alcalde de Marín con ben pouco que aportar, salvo saír na foto, repetir coma un disco raiado os argumentos que aprendeu de memoria como quen “chapa” unha lección, e adornalos sistematicamente cos seus laios a respecto do centro de saúde. Nesa rolda de prensa, Veiga debía ter a cabeza máis posta na reunión do comité executivo do PSOE provincial que se estaba celebrando nun hotel da cidade, e a onde logo se dirixiu raudísimo e velocísimo.
      E en caso de ser consciente das palabras do alcalde de Pontevedra a respecto da conservación dos recursos forestais de Monte Carrasco, que ía dicir el? Pois calar a boquiña e facer o avión. Que Veiga pareza “demediado”, non é senón a plasmación do espírito permanente de contradicción no que vive, en termos políticos. A defensa do medio ambiente, do desenvolvemento urbanístico sostible e do patrimonio histórico-cultural polo que abogan outros dirixentes do seu mesmo signo non vai con el. Tampouco vai con el o diálogo.
      …Con el só vai bailar ao son do Bng, sexa de Marín, de Pontevedra ou de onde cadre. Se cre estar liderando algún tipo de iniciativa, simplemente é un iluso. O seu nivel de credibilidade é directamente proporcional aos supostos motivos que poida manexar para instalar un polígono no Pituco (ou Pornedo). É dicir, nulo.

  2. Ya quisiera ter cerebro ainda que fora partido en duas metades.
    Nuestra ilustrísima lo que es un descerebrado,
    ¿quién ha visto un títere con cerebro?
    esto es lo único que nos deja claro tras esta laaaaaarggggaaa legislatura colmada de meteduras de pata, ademais de un completiño book cheiño de poses fotográficas.
    Contradiccions!
    convencionalismos!
    e incoherencias!
    Los proveedores del concello cabreados porque no cobran sus facturas …. no se sabe desde cuando,
    alguns funcionarios que reciben tarde mal y arrastro sus emolumentos.
    Y como a can flaco todo son pulgas ahora gastos de camión, grua etc, para desenterrar, descuartizar e arranxar o cachalote que el temporal más pronto que tarde desenterró, eso estaba máis claro como que temos que morrer.
    ¿Srta. Blanco e non aforrariamos cartos si organizarais una gran party en la coviña todos los del partido y os montais la GRAN CACHALOTADA ?
    . …como la party que han organizado las ratas en la antiga bastarreche.
    Menuda festa rachada con partidas de tute ca.bron que se tienen montada…
    meu deus meu deus!!

    • Grazas polo teu comentario. Como temos a impresión de que é a primeira vez que participas no blogue, dámosche a benvida a este espazo. Un saúdo.


Deixa unha resposta a sufridora Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: