Publicado por: MontePituco | 28/10/2010

…TAMÉN DICIMOS ‘NON!

Primeiro houbo que espremer as neuronas para alegar ao Plan de Solo Empresarial. Despois seguiu a campañana de mobilización contra os termos nos que viñan plantexadas as Directrices de Ordeación do Territorio. E a renglón seguido, chaparse o tocho do Plan de Ordeación do Litoral. Polo medio é máis que probable que se coaran prazos de “nonsabemosque”, modificacións puntuais de “nonsabemoscanto” e intríngulis varios dos que unicamente se enteiran os que “viven” nas máis profundas entranas da Xunta ou que teñen amigos/as nela.

…E agora, resulta que por arte de birlibirloque, nos endosan un cambio na Lei do Solo que permitirá instalar parques industriais, infraestruturas e servizos en chan catalogado como solo rústico e forestal de especial protección. A isto lle chaman democracia participativa? Para que valen os farragosos e moitas veces inútiles procedementos de intervención cidadá se logo a Administración nos adianta vilmente pola dereita con fórmulas subrepticias que, como neste caso, se fai efectiva a través da lei de acompañamento dos orzamentos?

A que vén que simulen preocuparse polo medio ambiente e pola xestión racional do territorio se, de boas a primeiras, un espazo de especial protección, porque si, amparándose na excusa hipócrita do “interese público”, acaba por sucumbir aos intereses especulativos, ao formigón e á destrucción irreversible do patrimonio natural, cultural e social.

 

Por iso, dende DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) tamén dicimos NON a esta falta de respecto polos dereitos cidadáns, a este ninguneo inxustificable e animamos a todos os colectivos e particulares que se sintan perxudicados a visibilizar o seu malestar: inundemos a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de escritos de rexeitamento a esta medida que nos deixa “vendidos”, que discrimina os habitantes do rural e nos deixa indefensos ao arbitrio de técnicos e políticos voraces.


Responses

  1. […] TAMÉN DICIMOS NON […]


Deixa unha resposta a DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: