Publicado por: MontePituco | 11/08/2010

CATÁLOGO VEXETAL DO MONTE

…Lembrades esta historia que contabamos alá polo mes de maio?

INSTRUCCIÓNS PARA FACER UN HERBARIO

Velaquí unha ferramenta que nos vai facilitar a elaboración dun catálogo das plantas que se atopan no Monte Pituco (Pornedo). Ademais de ser unha guía de consulta, tamén se nos antolla un libro interesante para a biblioteca particular de cada quen: dános a coñecer a flora que nos rodea, alimenta a nosa cultura rural, advírtenos sobre aquelas especies “vulnerables” ou en perigo de conservación, infórmanos sobre as cualidades naturais e medicinais de cada herba… Unha recomendación de lectura máis para este verán.


Deixar un comentario

Categorías