
“Petroglifos e outras historias. Cadernos de arqueoloxía marinense” é un libro de Xulio D. Abal Silva e Álvaro R. Arizaga Castro editado en 2007. Dez anos antes, estes rapaces gañaron un concurso convocado polo Concello de Marín co traballo titulado “Marín Arqueolóxico. Catalogación e análise dos xacementos arqueolóxicos do Concello de Marín”, que se pode atopar no arquivo do Museo Manuel Torres. Un traballo de investigación, complementado con fotografías e mapas, que está ao alcance de calquera persoa interesada.
“Porque o patrimonio cultural perde todo o seu sentido cando se converte nun segredo atesourado para uns poucos”
…din os seus autores.
Esta publicación é un resume dese traballo: lamenta o descoñecemento con respecto aos abundantes petroglifos que hai na vila, exceptuando o labirinto de Mogor; sitúa, describe e documenta toda esta riqueza patrimonial, dende o monte de San Xulián, ata a finca de Cadro, pasando por A Laxe, Sete Espadas ou a zona da Subidá; e alerta da necesidade de protexer este patrimonio cultural do deterioro sistemático que sofre, se non se adoptan medidas de protección.
Sendo a conservación dos gravados rupestres de Pornedo, Pinal de Caeiro e outros, un dos argumentos de DEFENDE O MONTE PITUCO contra a instalación dun polígono industrial, non podemos menos que recuperar esta obra, dar a coñecer o seu contido e advertir da incongruencia na que incorrería o Concello se acaba favorecendo a decadencia ou a destrucción do “habitat” no que se atopan estes petroglifos. Grazas a Álvaro e a Xulio pola esta contribución a recuperar unha parte tan importante da historia de Marín.



[…] dos nosos libros de cabeceira é “Petroglifos e outras prehistorias“, dos marinenses Xulio Abal e Álvaro Arizaga, que compendia os gravados rupestres […]
By: O LIBRO DOS PETROGLIFOS MARINENSES, NO MUSEO TORRES | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 07/10/2014
at 22:52