Publicado por: MontePituco | 19/07/2010

VISITA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DE TOURÓN

Tempo de verán. Actividades de lecer. Aire libre. Natureza. Imaxinación ao poder. Hai pouco asistiamos a un roteiro de estrelas -obviamente, en horario nocturno- en Cabo Udra, organizado polo Concello de Pontevedra. Máxico. Ameno. Diferente. Desta volta, tamén tralo solpor, a cita foi na Área Arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, con motivo da I Festa de Exaltación da Arte Rupestre. Divertido. Instrutivo. En ambos casos, sabedoría que alimenta o espírito.

O investigador Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos, foi o mestre de cerimonias dunha visita a un espazo espectacular pola riqueza dos seus petróglifos. Lamentablemente, o terreo foi pasto das lapas na dramática vaga de lumes de 2006, pero por sorte as pedras conservan os gravados que nos deixaron -hai 3000 ou 2000 anos- os antigos poboadores da zona. Existe un plan de reforestación e ordenación do monte que, co paso do tempo, ha de converter este parque nun recuncho fermoso e acolledor.

A carón dun pequeno Centro de Interpretación está xa a primeira aproximación á Historia. No Outeiro da Forcadela, sobre unha pedra horizontal, unha abstracción: dous círculos concéntricos con puntos. Querían trascender no tempo con esta expresión artística de misterioso significado.

O Coto das Sombriñas revela outra serie de figuras de gran valor: a caza, os cervos, a dominación do home sobre os animais. E chegamos á Laxe das Cruces ante un mural pétreo inzado de trazos. É o antecedente do “horror vacui”. Máis cervos de gran cornamenta. Formas “vaciadas”, esculpidas e pulidas por mans laboriosas e comunicadoras. Máis círculos concéntricos. Aparecen as espirais. Velaquí o rastro indeleble do noso Pasado.

Baixo a protección da Vía Láctea e alguna estrela fugaz que se desprende do ceo, guiamos os pasos ata o extremo máis lonxano do Parque: o Nabal de Martiño, onde unha vez máis atopamos unha sucesión de esceas para ser vistas, un eterno panel explicativo sobre o modo de vida, as aventuras e desventuras destes xenerosos devanceiros, que nos deixaron unha herdanza de valor incalculable.

Está ao alcance de calquera, actuando con respecto pola súa conservación. Hai milleiros de petróglifos, de mámoas e doutros elementos que conforman o noso patrimonio arqueolóxico. En Tourón, en Castrolandín, en Campo Lameiro, na Serra da Groba, no Galiñeiro… Tamén nos montes de San Xulián, Lourizán, Salcedo, Vilaboa. Non hai soños imposibles. Só a pasividade fai imposibles os soños.


Responses

  1. Ola,
    A proxima vez si te enteras dunha destas saidas nocturnas, roteiros etc. O podes anunciar para apuntarnos.
    Non tiñamos nin idea destes dous ultimos.
    Saudos e noraboa polo blog ¡

    • Grazas pola visita ao blog. Tamén nos podes seguir a través de Facebook, se tes perfil propio.
      Este espazo está destinado fundamentalmente para dar a coñecer o espazo do Monte Pornedo (topónimo tradicional), tamén coñecido como Monte Pituco: expresamos o noso rexeitamento á súa destrucción para convertelo nun polígono industrial. Temos moitos argumentos: a inadecuación do terreo para semellante infraestrutura, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural: mámoas, petroglifos… A xente descoñece todos estes valores e a quen lle corresponde difundilos non lle interesa, por motivos económicos e políticos, para acadar beneficio polo arrasamento do monte.
      Mais non nos centramos unicamente na nosa problemática. Tamén apostamos por solidarizarnos con outros espazos ameazados, por dar a coñecer iniciativas louvables a prol da protección do medio ambiente, da cultura e do patrimonio, e por contribuir na medida das nosas posibilidades a informar e inculcar sensibilidade por estas cuestións. Agradecemos as visitas, os comentarios, as suxerencias e tamén as críticas (construtivas, a ser posible).
      Un saúdo.
      PD: Probablemente o teu email de referencia non sexa verdadeiro. En calquera caso, sen que ese dato importe máis ou menos, has de saber que o comentario entrou como spam. Para que o teñas en conta se queres volver comentar calquera outro artigo.

  2. […] A continuación, un artigo sobre o parque arqueolóxico de Tourón publicado neste blogue o pasado verán: VISITA NOCTURNA AOS PETROGLIFOS DE TOURÓN. […]

  3. […] VISITA NOCTURNA AOS PETROGLIFOS DE TOURÓN […]

  4. […] obrigada é ao parque arqueolóxico de Tourón, do que se tratou neste blogue en artigos como “Visita nocturna aos petroglifos de Tourón” e “Visita multitudinaria aos petroglifos de […]

  5. […] obrigada é ao parque arqueolóxico de Tourón, do que se tratou neste blogue en artigos como “Visita nocturna aos petroglifos de Tourón” e “Visita multitudinaria aos petroglifos de […]

  6. […] -Visita nocturna aos petroglifos de Tourón (xullo 2010) […]


Deixa unha resposta a ESTE SÁBADO, VISITA AO PETROGLIFO DE MONTE DE CUÑAS, EN PONTECALDELAS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: