Cando vimos este cartel, lembramos que hai un grupo en Facebook que se denomina «“Haber se quedamos…” A ver se aprendes a escribir». Pero imos deixar á marxe a horripilante falta de ortografía, a torpeza redactando anuncios e a confusión á que induce o citado “conflicto” no Monte Pituco, que nada ten que ver co proxecto de polígono industrial. O caso é que a Comunidade de Montes de San Xulián ten un litixio co propietario dunha parcela privada. Este particular, supostamente, incrementou a superficie da súa finca cun anaco de terreo comunal que a Xunta de Montes lle reclama.
Na última xuntanza da Comunidade de Montes, hai case medio ano, o presidente intentou explicar que a causa xudicial non marchaba ben, que a parte contraria non sei que, que o tribunal non sei canto… O caso era non recoñecer ante os veciños que a sentencia en primera instancia lles foi desfavorable. E como non van perder: cando o presidente tiña que distinguir sobre un plano a superficie que abarca o monte veciñal, este respondeu que non recoñecía o mapa e logo atribuiu esa reacción a que a súa avogada lle fixera “un sinal” para contestar así. E como non van perder, cando admiten na asemblea que hai documentos importantes de titularidade que non están en poder da Comunidade, senón perdidos ou en posesión de persoas alleas á Xunta de Montes. E como non van perder, se derrochan recursos económicos en asesoramento legal, en fontanería e obras varias, nisto e no de máis alá, ata o punto de que os comuneiros non lles aproban a contabilidade… e non pasa nada!
Pois a ver que relato surrealista e esperpéntico idean desta vez para xustificar que volveron perder en segunda instancia. Seica vai asistir á xuntanza alguén do bufete que representa a Comunidade de Montes. De azuzar os veciños xa se encargan estes directivos, así que os ánimos están caldeados. A seguinte viñeta pode ilustrar un pronóstico de como transcorrerá a sesión.
Moi boa a viñeta jajaja,
Sorte co a desorde da mancomunidade de montes de San Xulian, e “MOY” vo artigo
By: David on 28/05/2010
at 08:13
Graciñas, David.
Sorte tamén vós co asunto do recheo.
Por certo, hai outro grupo en Facebook que se chama algo así como… “O único recheo que me gusta é o das empanadas”
🙂
By: MontePituco-Pornedo on 28/05/2010
at 08:26