Publicado por: MontePituco | 07/05/2010

ARTIGO DE OPINIÓN DE CARME ADÁN

O artigo de Carme Adán, tamén na edición dixital de Xornal de Galicia. Algunhas das súas reflexións…

«…Tal vez sexan xa demasiadas décadas pensando que o patrimonio arqueolóxico, paisaxístico, natural, lingüístico, cultural, non ten valor e non xera valor… ».

«…O grave é que quen ten a responsabilidade de coidar, difundir e valorar o patrimonio afirma aos medios: “O único que pode paralizar as obras é o alcalde e non o fixen porque Oia ten que mirar ao futuro, non ao pasado, e unhas pedras non poden ser un obstáculo para que se poida producir ou non”».

…son perfectamente aplicables ao que acontecería en Marín se chega a construirse o polígono industrial que afectará a unha zona importante do Monte Pornedo-Pituco, incluida no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que proxectamos unha vintena de colectivos sociais e veciñais.

Que a opinión dunha deputada nacionalista estea nas antípodas da xestión dunha concellaría de urbanismo do mesmo signo político é a demostración de que na política non se actúa por principios, senón por intereses, nen tan sequera por estratexia, acaso por capricho e, en todo caso, sen criterio. É unha reflexión de perogrullo, pero convén tela presente no día a día: o Concello é un taboleiro de axedrez no que psoe e bng moven as pezas ao seu antollo, comentendo falcatruadas, mesturadas con algunha que outra iniciativa aproveitable coa que ir lavando a súa imaxe.

Que se pode esperar duns gobernantes dispostos a pedir a desafección do Monte Pituco-Pornedo do ámbito de protección que posúe no marco dos Montes do Morrazo. Como se pode consentir semellante xesto de desprezo por un anaco desta vila, nin menos nin máis importante que o resto. Para nós, está claro que este alcalde non coñece Marín nin lle interesa coñecer aquelo que lle estorba para os seus plans.

E temos a impresión, por non dicir a case certeza, de que o principal grupo da oposición desenvolve o seu propio xogo que, por suposto, tamén vai contra a recuperación e posta en valor do patrimonio natural e arqueolóxico desta zona protexida: o seu papel consiste en criticar, pór en evidencia e desgastar o bi-grupo de bi-goberno pero, no suposto caso de teren o bastón de mando, van aplicar a mesma política de arrasar e cementar este monte. Porque por un lado recoñecen a protección ambiental e admiten os inconvintes orográficos do terreo; pero polo outro, teñen os votos dos adeptos, os comuneiros convintemente aleccionados e ansiosos por facer caixa a costa do monte. Eis o truco do almendruco.

E por iso deixamos constancia desta crúa percepción da realidade. Podemos ser peóns no taboleiro da política, fichas no dominó partidista. Pero peóns e fichas rebeldes. Con causa.


Responses

  1. Unha cousa semellante acontece aquí en Redondela, co nos monte Chan das Pipas, por ónde trascorre o Camiño de Santiago, e por onde hai prantexado un polígono industrial. Houbo un informe desfavorable de Patrimonio, pero a cousa seguiu durante un tempo, co apoio dos partidos políticos do Concello, a quenes só lles interesaba facer caixa.
    Podedes ver máis en http://nonopoligono.blogspot.com/

    • Ola Arturo, moitas grazas por achegarte ata esta fiestra do Monte Pituco e por facernos partícipes da vosa problemática, porque non a coñeciamos. Tedes un blog moi interesante; enlazámolo na nosa lista de ligazóns. Dende Marín, todo o noso apoio para que o Camiño Portugués a Santiago non quede desfavorecido por semellante agresión. Xa bastante impactante é para os peregrinos atravesar o polígono do Porriño, canto máis outra chaira de formigón pasando a ría de Vigo. Por esta banda o Concello pretende facer un desmonte criminal sobre a fachada litoral da vila, arrasar con achados arqueolóxicos, privarnos dos nosos mananciais de auga… Pero que lles pasa aos políticos cando se ven cunha miga de poder, que se volven tolos?!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: