Publicado por: MontePituco | 09/03/2010

PARA ALGO ESTÁN AS HEMEROTECAS

“…Por primeira vez en Galicia, Marín está en el mapa del Plan de Suelo Empresarial de Galicia 2009-2015, donde se planifican una serie de zonas con futuro empresarial e industrial y Marín está con un área en Pituco y otra en Pastoriza con Moaña, aunque a alguno le pese recordando que no aparecíamos en 2004 en el Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariales; no aparecíamos en 2008 en el Galicia Suma y seguíamos sin aparecer en el Elaspo para la provincia de Pontevedra.”

Son palabras de María Ramallo no Faro de Vigo do 7 de marzo. Empezou a pre-campaña electoral, señoras e señores. Non é nada novo, certamente, posto que os nacionalistas tomaron a dianteira hai tempo cando botaron a rodar o seu boletín. Pero os populares non queren quedar rezagados. E lembremos que na política, todo vale, e ningunha formación se salva desta afirmación crúa e realista. A partir de agora, verqueranse moitos ríos de tinta sobre o Pornedo/Pituco, o chan industrial, a economía de Marín (como se Marín fora un Estado en si mesmo alleo ao mundo global), os dimes e os diretes.

De todos modos, porque para algo están as hemerotecas e tampouco é plan de que o BNG nos acuse de parciais, cómpre matizar as declaracións de María Ramallo con outras do grupo municipal nacionalista, publicadas neste mesmo xornal o 3 de maio de 2009: “o 14 de xuño de 2004, cando gobernaba o PP en Galiza e o señor Núñez Feijoó era conselleiro de Política Territorial, e a señora Ramallo era presidenta do Porto, a Dirección Xeral de Urbanismo, publicou unha resolución pola que se facía pública a aprobación definitiva do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda vixente de incidencia supra-municipal que afecta a 41 concellos e prevé 39 parques empresariais dos cales ningún se atopa en Marín e di que “ten como obxecto establecer as condicións xerais para a futura implantación de solos empresariais atendendo ás medidas, que forman parte do Plan de Reactivación de Galicia 2003-2006”.

Cando unha representación dos veciños de Pena e Caeiro fomos recibidos por María Ramallo e algúns concelleiros populares (entre eles o que exerce tamén como presidente da Comunidade de Montes de San Xulián) xa llo expuxemos claramente. Que a postura do PP non nos satisfai en absoluto: son palabras de comprensión que soan baleiras fronte á preocupación dun colectivo que recela da rentabilidade electoral que lle vaia sacar este partido ao espiñoso asunto. Cun actor político na directiva da Casa de Montes, o PP ten a sartén polo mango para orientar a súa aposta en función do que opine unha maioría que, de momento, está interesadamente orientada de xeito favorable á construcción do polígono no Pornedo/Pituco: poderoso cabaleiro é don…

Tampouco está de máis aclarar que outro dos directivos da Comunidade de Montes está aliñado co BNG, cuxa concellería de Urbanismo, obrigada a retirar da súa oferta política os polígonos da Brea e Vista Alegre, voltou sacar do caixón o proxecto no Pornedo/Pituco, por máis que a Autoridade Portuaria desbotara esta ubicación hai dez anos pola súa inviabilidade. Ao goberno local bipartito encabezado polo PSOE tanto lle ten se o Pornedo/Pituco reúne ou non as condicións orográficas oportunas; bástalle calquera argumento á desesperada que, de tanto repetilo, aspiran a disfrazalo de veracidade. En conclusión: os tres principais grupos fanse o xogo mutuamente pero só un aspira a levar o gato á auga e colgar unha medalla que, para nós, está lixada de manipulación e dobre moral.

María Ramallo fachendea do Plan de Solo Empresarial de Galicia que coloca dúas áreas industriais en Marín. Pasamos da nada a ter ración dobre de hormigón. Hormigonados contra Pontevedra e hormigonados contra Moaña. Dende logo, aos veciños de Pena, Caeiro e dos demais núcleos afectados, non se nos explicou que Marín fora contar con dúas áreas industriais, senón que unha era alternativa de outra. Non obstante, e como para algo están as hemerotecas, recordámoslle á voceira municipal popular o que publica sobre ela o Diario de Pontevedra do 1 de decembro de 2009:

“…Marín necesita poner cuanto antes los cimientos básicos para el desarrollo futuro de su capacidad logística, empresarial e industrial… Es necesario aprovechar estas importantes inversiones y planificar un parque-plataforma industrial en Pastoriza, entre los municipios de Marín y Moaña”.


Responses

  1. …”obrigada a retirar da súa oferta política os polígonos da Brea e Vista Alegre, voltou sacar do caixón o proxecto no Pornedo/Pituco”…

    En referencia a esta frase túa, quéroche decir que a concellaría de Medioambiente non voltou a sacar do caixón o proxecto do Pituco, porque este proxecto sempre estuvo ahí. Este proxecto é o que o BNG e mais o PSOE tuveron sempre, porque o polígono de Macenlle era sólo para as empresas que xa estaban alí ubicadas e precisaban outro mais grande.

    Nas declaracións que fai Fran Veiga na Voz de Galicia do domingo 1 de febreiro de 2009 queda ben claro.
    O Pituco sempre estuvo ahí, e a proba está en que a APDR fixo unha alegación ó respecto.

  2. Cando digo que se volveu sacar do caixón, refírome a que, certamente, esa posibilidade estaba aí dende había tempo, pero en base a un estudo e un proxecto antigo que, pasados os anos, se debera revisar e actualizar para comprobar en que medida se axusta aos parámetros actuais para a dotación de chan industrial, xa non só en Marín, senón en calquera parte de Galicia.
    Non mo interpretes como se parecera que a raíz da retirada de proxectos industriais en lugares que, como o voso caso, non resultaban razoables, nos laiemos de que o polígono no Pornedo volva estar na palestra. Que a espada de Damocles estivo sempre aí, xa o sabemos, co que non estamos de acordo é con que, despois de tanto tempo, sigan insistindo nunha ubicación que, cos actuais criterios ambientais e urbanísticos, e cos parámetros que recomenda a Xunta sobre a dotación de chan industrial, non é nada aconsellable. E para mostra, o criterio da Autoridade Portuaria.
    E con respecto ao alcalde, menos de recibo nos segue parecendo que negue a existencia de alegacións, en plural.

  3. Repitoche:
    Non era “unha posibilidade que estaba ahí”
    Era unha realidade que estaba ahí (según eles, claro, porque non contaban coa oposición dos veciños)
    Era o proxecto inminente que tiñan xunto coa Brea. (O de Macenlle e Moledo eran sólo para manter as tres ou catro industrias que xa existían).

    Outra cousa é que unha vez entregado ese proxecto na Xunta de Galicia, lles fora denegado polas causas que todos sabemos: Monte protexido, interese histórico, desnivel de terreno etc etc.
    Pero repítoche que non era unha espada de Damocles, era xa unha guillotina que vos querían poñer no pescozo, pero xa, inminentemente.

    Mira o Faro de Vigo do mércores 28 de maio de 2008, onde, entre outras parvadas din Fran Veiga e mais Ruibaliño:
    A Brea e mais o PITUCO serán as áreas empresariais porque teñen a via rápida ó lado.
    Mentras a oposición esixe que se estime Pastoriza como solución definitiva.
    Ollo!…a oposición non sólo está formada polo PP.
    Marín-In sempre avogou por Pastoriza.
    Cando decimos Pastoriza non nos referimos á zona dos morcegos, senón á Cruz da Maceira. Ás veces hai equívocos neste tema.

    • Pois precisamente, BreaSeixo, é unha posibilidade, porque o contrario sería unha imposición. E mal que lles pese a algúns, o tempo das imposicións pasou á historia. Falando de historia, vós que a seguistes tan de preto, grazas pola orientación e pola memoria.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: