

Que chove. Que vente. Pingas coma chuzos de punta e aire a mil por hora. Que saiamos voando todos polo airo. Que se cabree ben este planeta e nos mande tomar polo saco. Que se xunten isobaras, borrascas, tormentas e toda clase de perturbacións atmosféricas. Que bailemos a danza da chuvia. Un conxuro axitador da enerxía telúrica. Santa Bárbara bendita. Que nos zoe ata no máis fondo da alma. Que nos engula o máis negro abismo.
…E que mañá volva saír o sol para darnos outra oportunidade.



Que bonito país que temos, aínda con temporal.
By: Lola Gómez on 27/02/2010
at 23:26
As Mouras son as que protexen os montes e as fontes e ás locas coma Pituquiña que andan por ahí facendo fotos sin terlle medo ás cicloxénesis
By: breaseixo on 28/02/2010
at 15:04
Graciñas pola canción BreaSeixo.
…Detrás daquelas nubes negras e cargadiñas de auga había unha lúa chea ben redondiña e relucinte. Que ben a vin eu despois do temporal. Foi unha (case) apacible noite de luar.
By: MontePituco on 28/02/2010
at 15:55
Oe, rapaz:
O título deste artigo aparece na na páxina de inicio de gl.wordpress.com e no taboleiro de cada usuario. A curiosidade pode facer que calquera entre a ver de que vai. E, que atopa? Un texto tremendamente violento e cheo de carraxe contra non se sabe que.
Podes publicar o que che veña en gana, pero con esta entrada estás a desprestixiar este blogue, o que pode derivar ao desprestixio do movemento social no que este blogue está incluído (ecoloxismo, defensa do medio ambiente e do patrimonio, e damáis cousas polo estilo).
Faites l’amour, pas la guerre. Anda, por favor.
By: K. Gregorovius on 01/03/2010
at 01:27
…Sen favor, e grazas pola visita. A entrada é aberta, igual que a saída. Neste blogue exprésanse opinións libres e, por que non, tamén libertarias; dáse conta da evolución dun conflicto veciñal cun concello que aspira a instalar un polígono industrial nun espazo natural protexido; e en certas ocasións, como é o caso, ata se permite “unha” (que non “un”) facer reflexións con certa aspiración literaria.
Que o texto che pareza “tremendamente violento e cheo de carraxe” é unha valoración desproporcionada a un puñado de frases que, certamente, teñen intención provocadora: son unha chamada urxente de atención ante a actitude indiferente da sociedade fronte ás agresións que sofre o medio ambiente. Non é momento nen lugar -para eso están os foros académicos e os medios especializados- de facer unha análise metacrítica dun artigo tan supostamente agresivo; polo visto, non apto para lectores hipersensibles que quizais prefiren relatos máis bucólicos sobre a natureza, a paz e o bo rollo.
“In medio stat virtus”. No medio está a virtude. Non te pases. Tampouco é para tanto.
By: montepituco on 01/03/2010
at 08:05
Ao mellor é que viches demasiadas películas de Jean Claude Van Dam e de Steven Seagal, que sempre encarnan personaxes defensoras do ben e da xustiza.
http://www.jeanclaudevandamme.be/
http://www.stevenseagal.com/
A que eu lembro con máis horror é unha de Seagal na que dinamita unha central nuclear, en funcionamento, en Alaska:
http://en.wikipedia.org/wiki/On_Deadly_Ground
By: K. Gregorovius on 01/03/2010
at 15:53
Prezado visitante (dous puntos). Igual se confunde de blogue. Pódolle recomendar uns cantos sobre cine, aínda que me temo que non aprezan tanto coma vostede as películas de serie B. Eu particularmente prefiro a literatura. Pódolle recomendar que repase, como estou facendo estes días, os poemarios de Uxío Novoneyra e Manuel María sobre O Courel e a Terra Cha. Mais, non creo que coincidamos en gustos literarios, como tampouco nos cinematográficos. En calquera caso, estamos encantados de contar con tan ilustre visita. Xa que parece gustarlle tanto a sétima arte, remato en termos cinéfilos: aínda que pareza mentira, esto pode ser “o principio dunha bonita amizade”. Do contrario, basta con premer a tecla “rexeitar”.
By: montepituco on 01/03/2010
at 17:23
Espero que che guste:
Fausto Bordalo: “A voar por cima das águas”
😉
By: K. Gregorovius on 02/03/2010
at 00:41
Este Theme fai cousas moi raras. ademáis confundinme de “embed code”.
BORRA e cambia o que queras, que agora xa estou experimentando en blog alleo
By: K. Gregorovius on 02/03/2010
at 00:52
…Escoitar a Fausto sempre é un gusto, aínda que a miña favorita é “Se tu fores ver o mar (Rosalinda)”.
Moito me temo que a vacaloura de LudusNaturae venta chuva con efecto retardado. Doutro xeito, non se explica semellante liorna de comentarios, contra-comentarios e requete-comentarios.
Corto e cambio. Fin do capítulo cicloxénese.
By: montepituco on 02/03/2010
at 01:40