Publicado por: MontePituco | 22/02/2010

HISTORIAS DO MAR, HISTORIAS DO RURAL

“A praia quitou moitas fames ao pueblo. Dicían que era a veigha dos pobres, pero botaron man dela os ricos”. José Santiago Pazos, (Os Praceres, 1919)

“–Usté vai á praia todos os días. –A dúas veces no día”. María Miranda García. (Cespón, 1925)

“Esto xa é de distinta maneira, xa non está libre, non podes coller un puñado de berberechos para facer unha empanada”. Mª Nieves García Cid (Cespón, 1942)

“A miña vida non foi aquí, na máis que a tumbos por todas as partes do mundo, polos çinco continentes, desde o 44 ao 96”. Manuel López Souto (Postmarcos, 1931)

Dicía Lukas na presentación do seu documental “Galegos Universais. Historias do mar” que cando unha persoa maior morre, desaparece unha biblioteca. Máis aínda, perdemos o nexo co noso pasado que, non por máis inmediato, é menos descoñecido. Estanse indo figuras clave que nos deben axudar a encarrilar o futuro; ignorar o seu testemuño vital condéanos á ignorancia e á desmemoria.

Naceron a carón do mar e desenvolvéronse nese medio. Creceron entre peixes e chalanas, sobreviviron desempeñando un traballo sacrificado e carente de recoñecemento, máis aló do propio sustento. Na vellez tócalles presenciar un forte cambio social e tecnolóxico que debera servir para que a xeración do pasado e a do futuro se uniran de forma sólida e solidaria.

Por eso é tan necesario escoitar os maiores, captar a súa voz e a súa ollada, comprender a súa mentalidade, deixarse sorprender cos seus destellos de inxenio, aprender dos seus propios erros. No mar e no rural hai auténticas despensas de sabedoría; á sombra dos penedos e das árbores do Pornedo medraron mulleres e homes que gardaron durante décadas as lendas do monte e dos seus camiños, as cantigas das lareiras e dos adros, os costumes que guiaron a convivencia coa natureza. Volvamos sobre os seus pasos para gañarnos o respecto das mulleres e homes que nos van relevar a nós na loita por un mundo mellor.


Responses

  1. “Galegos Universais. Historias do mar” é un documental de Lukas Santiago que se presentou o 20 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra. Os seus protagonistas encabezan as imaxes deste relato.

  2. […] e realizador audiovisual, autor dos documentais “Neixón: historia viva dun castro”, “Galegos Universais: historias do mar” –ámbolos dous coa participación de María Miranda García– e “Sete Camiños: […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: