http://www.youtube.com/watch?v=_IQfjAYkpiw
Os veciños da aldea de Vigo, en Padrón (A Coruña), padecen os verquidos procedentes do polígono industrial da Picaraña. Aceites, augas fecais e outros residuos industriais circulan por un rego a carón das vivendas, provocando un cheiro insoportable. A depuradora non funciona correctamente e nin a Consellería de Medio Ambiente, nin o Concello nin os empresarios do polígono lles dan unha solución definitiva ao problema.
En Caeiro e Pena, en Laxe e Casal, en Arealonga e Bravos… non queremos padecer os problemas que sofren estes veciños e anticipámonos a un mal previsible pola falta de planificación, pola elección errónea dunha ubicación que non reúne as condicións necesarias para a dotación de chan industrial. O deseño das canalizacións, a baixada de auguas pluviais, a necesidade de instalar unha estación de bombeo… Está capacitado o Monte Pituco (Pornedo) para algo así? A resposta dos afectados é NON. E os nosos informes van corroborar o rexeitamento veciñal.
A información emitiuse no programa Galicia Noticias Mediodía, o 12/02/10 e pode visualizarse neste ENLACE, da páxina web da CRTVG.



Que noxo, elogo a xente de Marín D’arriba non se arrepentirá do que se lle vén enriba?
By: Pepe M. on 18/02/2010
at 14:42