
A Área Arqueolóxica da Caeira, no Concello de Poio, conta cunha vintena de gravados cuxa existencia se coñece dende o pasado século XX grazas ao labor de Ramón Sobrino Buhigas. Dos conxuntos rupestres dos que consta, tres están catalogados como Monumento Histórico Artístico: Pedra Grande de Montecelo, Laxe das Lebres e Laxe do Xugo.
Entre os motivos que predominan destes xacementos hai figuras naturalistas (cervos) e formas xeométricas (combinacións circulares, cazoletas) e trazos antropomórficos.


Pedra Grande de Montecelo:





Laxe das Lebres:



[Detalle da Laxe das Lebres, coa marca dunha cuña de canteiría]

[Reposición da pasarela de madeira que conduce aos distintos petroglifos]

Chama a atención o preto da Área Arqueolóxica que se atopan as vivendas da urbanización elitista da Caeira. De feito, un segundo grupo de gravados están ao pé da rúa inferior, entre dous chalets, o que faría pensar que na construcción destas edificacións moito material prehistórico puido terse perdido baixo a piqueta.

A pesar dos sinais de advertencia, non son poucas as mostras de incivismo: dende excrementos a latas, pasando por pintadas, paneis deteriorados e luminarias arrancadas. Hai humanos con moito parecido a Atila no seu lamentable comportamento…



Ademais dun valioso patrimonio cultural, a Área Arqueolóxica da Caeira ofrece unhas fermosas vistas de Pontevedra.



[Detalle da empalizada de madeira que salva o desnivel da zona, nun dos accesos á Área Arqueolóxica]

:: Próxima ampliación con material gráfico do segundo conxunto de gravados e da área de recepción de visitantes, a carón do Casal de Ferreirós.



Deixar un comentario