Publicado por: MontePituco | 15/09/2015

‘TORO DE LA VEGA’, NUNCA MÁIS!

Toro de la Vega (El País)

A imaxe da vergoña neste 15 de setembro é o rabo de “Rompesuelas” espichado no alto dunha das lanzas que bateron, picaron e furaron no seu corpo indefenso, ata a morte. Crueldade gratuita, diversión sádica, involución ata o pasado abisal e máis retrógrado da especie humana.  

Basta de tortura. Punto e final para esta horrenda práctica que se sostén inxustificadamente baixo a errónea etiqueta da ‘tradición’. Toro de la Vega, Nunca Máis!

[A imaxe corresponde ao video da crónica do xornalista pontevedrés Manuel Jabois para El País]


Deixar un comentario

Categorías