Publicado por: MontePituco | 05/03/2015

ESTA TARDE, PRESENTACIÓN DO POEMARIO DE JOSEFA AREA

Presentación do libro de Josefa Area.

“Mais así á miña maneira

busco frases axeitadas

poño os verbos no seu tempo

e tento facer rimadas”

Josefa Area ten 85 anos e comezou a escribir poesía hai una década cando, a causa dun accidente, tivo que gardar repouso durante un tempo. Así foi como empezou a pensar en verso. As estacións do ano e a natureza, as festas, os personaxes populares e, por suposto, a relación dos marinenses co mar, protagonizan algunhas das súas composicións. Noutras expón o seu punto de vista crítico sobre o maltrato ás mulleres e outras problemáticas sociais actuais, sempre cun enfoque sinxelo que axiña conecta coa sensibilidade da xente común. “Falando con versos” é un libro recompilatorio da súa produción literaria recente. Unha obra que é exemplo de “frescura, vontade e vitalidade”, como definen na asociación de escritores República das Letras o estilo desta entrañable veciña.

Josefa, unha veciña de Cantodarea, leu un poema feito por ela, sobre a terrible vaga de lumes no 2006.

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.


Deixar un comentario

Categorías