Publicado por: MontePituco | 24/02/2015

CON EXPERTOS MICÓLOGOS NOS MONTES DE MARÍN E DE BUEU

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Este artigo non é apto para persoas que desprezan a biodiversidade da terra na que habitamos. Que fan burla “porque haxa que protexer unha sabandixa”. Esa xente -coa que convivimos resignadamente- non entende, nin entenderá nunca, que hai outras persoas capaces de percorrer moitos quilómetros para fotografar un fungo, para tomar referencias dunha planta que están estudando ou da que van tratar nun congreso científico, ou simplemente para ser privilexiadas testemuñas do nacemento dos primeiros narcisos da primavera.

Os montes de San Tomé de Piñeiro, en Marín, e de Cela, en Bueu, foron o territorio elixido pola Agrupación Micolóxico-Naturalista Liboreiro para guiar os compoñentes do Grupo Micolóxico Galego na visita que realizaron este pasado fin de semana á bisbarra do Morrazo para localizar importantes especies deste ámbito científico que logo se referencian nas publicacións especializadas que elaboran e nos seus encontros técnicos.

A biodiversidade do Morrazo non defraudou e, cumprindo as expectivas, permitiu identificar varias especies de fungos e de plantas que destacan pola súa singularidade, tanto polo porte e a vigorosidade dos elementos atopados, como polo feito de medrar nesta zona ao abeiro dunhas condicións de temperatura, humidade e orientación moi específicas.

En especial, destacou a satisfacción do Grupo Micolóxico Galego polo achado de exemplares de “Laurobasidium lauri”, localizados por Santiago Corral e Paulo Troitiño, membros da Agrupación Liboreiro. Trátase dunha especie moi rara a nivel peninsular, non comestible e da que apenas había referencias anteriores en Galicia.

Tamén, no que respecta aos fungos, a “Tremella mesenterica”, de aspecto xelatinoso e co seu característico e chamativo color amarelo limón; e por contraste, a “Sarcoscypha coccinea” que, resalta sobre os restos de madeira polo seu intenso color vermello e a súa peculiar forma de cunca.

Ademais, no que respecta á flora, salientaron a presenza de “Oxalis acetosella”, coñecida como “aleluia”; “Anemone trifolia subsp. albida”, da que os especialistas do Grupo Micolóxico Galego non tiñan acreditada a súa existencia máis que no interior da provincia de Ourense; e “Clematis vitalba”, unha planta trepadora coñecida como “valdeva” ou “herba dos mendigos”, da que se puideron admirar os seus froitos.

Ao longo do percorrido os visitantes puideron admirar elementos tan importantes do patrimonio etnográfico, como muíños, e megalítico, como a mámoa de Forno de Arcas, en Chans de Cela-Ardán.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Bosque no monte de San Tomé de Piñeiro, en Marín

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Oxalis acetosella

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Sarcoscypha coccinea

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Primula acaulis subsp. acaulis

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Phyllitis scolopendrium

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Foto de Helena Rodríguez.

Tremella mesenterica [Foto de Helena Rodríguez, da Agrupación Liboreiro]

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Brión epífito sobre Ruscus aculeatus [indicación técnica de Helena Rodríguez]

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Foto de Helena Rodríguez.

Froito de Clematis vitalba [foto de Helena Rodríguez]

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Talo de Clematis vitalba

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Anemone trifolia subsp. albida

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

Ademais de flora, o patrimonio etnográfico tamén ocupou parte da visita

Nos montes de San Tomé de Piñeiro, Marín.

En Tomé de Piñeiro, Marín.

Cara os montes de Cela, en Bueu.

Media ducia de coches en ringleira, parados nunha pista estreita, para que os seus ocupantes baixasen a ver os primeiros narcisos da tempada, que xa están agromando

Narcisos

Narciso.

Logo da visita aos narcisos.

Laurobasidium lauri

Exemplares de Laurobasidium lauri, o motivo polo que moitos compoñentes do Grupo Micolóxico Galego viñeron ao Morrazo

Grupo Micolóxico Galego e Agrupación Liboreiro do Morrazo.

Expedición do Grupo Micolóxico Galego e da Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro polos montes do Morrazo

Nos montes de Cela, en Bueu.

Nos montes de Cela, en Bueu.

Nos montes de Cela, en Bueu.

Usnea

Mámoa de Forno de Arca, en Marín.

Visita á mámoa de Forno de Arcas, en Chans de Cela-Ardán, entre Marín e Bueu

Foto: Grupo Micolóxico Galego

[Foto, Grupo Micolóxico Galego]

No monte de Ardán, Marín.

Montes de Cela, en Bueu.

Chans de Cela

Montes de Cela, en Bueu.

Caixa-niño para morcegos

Montes de Cela, en Bueu.

Diario, 25 febreiro 2015.

[Moitas grazas a Paulo Troitiño, Helena Rodríguez e Santiago Corral, da Agrupación Micolóxico-Naturalista Liboreiro por invitarnos a participar nesta ruta tan interesante e enriquecedora, aprendendo da natureza e dos coñecementos de grandes expertos]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: