Publicado por: MontePituco | 07/08/2014

POLA MELLORA DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO EN COTOBADE

Diario, 7 de agosto de 2014.

“O Concello de Cotobade debería chegar a acordos cos propietarios dos terreos para levar a cabo traballos de limpeza e desbroce da maleza e construír unha franxa de seguridade para evitar a desaparición desta arte prehistórica e conseguir o seu mantemento ao longo do tempo”.

“Segundo a lexislación vixente, as administracións locais deben procurar a adopción de medidas efectivas que procuren a conservación do patrimonio arqueolóxico da zona”.

“Noutras zonas de Europa, como Valcamonica, en Italia, reciben milleiros de turistas que acoden a visitar este tipo de manifestacións artísticas, o que se traduce nun impacto económico positivo para esa zona. Estaría ben que, algún día, as diferentes administracións e institucións competentes valoraran como corresponde a arte rupestre que se pode atopar en Cotobade”.

David Carballal, voceiro de Anova-Cotobade.


Deixar un comentario

Categorías