
O Grupo de Baile da Asociación Cultural Airiños de San Xulián foi o protagonista da segunda parte do Festival XXV Aniversario deste colectivo da nosa parroquia: o grupo dos veteranos -aos que se sumaron antigos compoñentes do grupo que volveron bailar nesta ocasión especial- e os nenos e nenas da Escola de Baile ofreceron un fermoso espectáculo na Alameda Rosalía de Castro de Marín, amenizado coa música dunha sección do Grupo de Gaitas de Airiños, e mais das pandereteiras de Fentos e Frouma, que tamén animaron cos seus cantos.
Parabéns!
…Música, danza. Paisaxe, gastronomía. Patrimonio histórico, arquitectónico e etnográfico.
Hai moito que ofrecer dende San Xulián! Que non cese o apoio ás iniciativas que redunden na promoción da nosa Cultura!








Deixar un comentario