Por segundo ano consecutivo, A Veiga do Palheiro organiza este sábado en Vilaboa unha nova edición da Romaría de Produtos do Campo, onde os froitos ecolóxicos teñen un papel destacado e onde produtores e consumidores teñen o seu punto de encontro. Nesta ocasión instalaranse 35 postos de venda de produtos frescos da horta, de comida elaborada e de elaborados artesanais.
A Veiga do Palheiro é unha horta ecolóxica situada na aldea de Postemirón, preto da estrada que une Vilaboa coa Lagoa de Castiñeiras ou co cuartel de Figueirido. Tamén participan na organización a asociación de veciños de Postemirón, a Comunidade de Montes de Vilaboa e o Concello de Vilaboa.
[Plano de acceso: a Veiga do Palheiro está ao lado da taperia Casa O Pomar]





Deixar un comentario