Publicado por: MontePituco | 14/02/2014

CU(S)PIDO

100_1461

“…Ti pensas que estás soia

coa pequeniña ave.

A escena ten o encanto de verdes na paisaxe

a través dunha bágoa.

Esculpo amor con pedras de silencio.

Froito de paz esbara cara ao soño.

E ti calas tamén.

Amable luz latexa.

O paxaro de novo tece o canto.

Sostén a nota aguda até o milagre.

E máis fermoso foi o trino da ternura”.

Miguel González Garcés: Sede e luz, 1986


Deixar un comentario

Categorías