

[Agora]
O pasado 23 de xaneiro DEFENDE O MONTE PITUCO presentou un escrito dirixido á Concellería de Medio Ambiente solicitando que se retirara un verquido contaminante no lugar das Presas, sobre o que xa pesaba desde 2013 unha sanción contra a empresa responsable do mesmo. A semana pasada recibimos a chamada dun técnico municipal que trataba de orientarse no Monte Pituco na procura dese montón de lixo que a piques estaba de ser “engulido” pola vexetación. Cunhas poucas indicacións, foi posible que dese con el ao pé da pista de servizo da Variante e se comprometera a ordear a súa retirada para esta semana… Como así foi!
[Antes]
Ademais de agradecerlle á Concellería de Medio Ambiente a retirada dese verquido que afectaba por proximidade a un regato que se aproveita para regar fincas, os operarios municipais tamén tiveron o detalle de recoller un moble vello e uns restos de obra que se acumulaban dende había tempo a carón do túnel baixo a Variante. O agradecemento, por tanto, é dobre.

[Agora]

[Antes]
Como nos dicía hai poucas horas un axente da Policía Local marinente, é inaudito que haxa persoas capaces de ciscar todo tipo de residuos no monte -ou en calquera outro lugar inapropiado- habendo un servizo municipal gratuito para a recollida de enseres. Falta cultura, falta educación, sobra… [poña cada quen a palabra que estime oportuno].





Deixar un comentario