
Hace unos años recuerdo que, por proteger una especie rara de escarabajo, se había cambiado el trazado de una vía rápida en el país vecino. Aquí un colectivo se preocupa por la salamandra, y lo aplaudo. Al tocar este tema me vienen a la mente otros muchos, sobre la fauna y la flora y su respeto que casi siempre queda en el olvido por intereses económicos y falta de sensibilidad. Se arrasan enormes superficies de monte sin pensar en la fauna que las habita, pájaros, insectos, reptiles, roedores, etc. que pierden su habitat. ¿Quién se acuerda de ellos?
Afortunadamente, non todo o mundo se cisca na “lagartija”, como lle chaman os que non aprecian que nesta parte do noso municipio exista un animal de orixe ancestral, que en todo o mundo só habita no noroeste peninsular.
Non temos nin idea de quen é M. Feligres, a persoa que asina esta carta enviada ao Diario de Pontevedra, pero agradecémoslle que comparta a súa opinión. Por desgraza, manifestar publicamente calquera cousa que non sexa unha loubanza do parque empresarial de turno, ou da creación de emprego -na súa versión máis “vendible”-, está mal visto.
Entre os pro-polígono hainos que -por ignorancia- tanto lles ten saramaganta que “lagartija”, galo que galiña. Outros no fondo saben que a presenza dunha especie endémica e vulnerable coma esta molesta e incordia os seus intereses. As dúas posturas son igualmente perigosas: unhas porque contaminan a opinión pública con valoracións despectivas sobre especies da nosa fauna que, pola función que cumpren ou pola súa escaseza, contan cun rango de protección máis ou menos considerable; outras porque teñen certa capacidade para tocar as teclas do poder establecido e poñer todas as trabas posibles para que se vulnere esa protección cando está en xogo -poñamos por exemplo- a construcción dun polígono industrial.
Só a educación, a divulgación e a concienciación social poden poñer no lugar que lles corresponde as reivindicacións a prol da conservación da fauna e da flora. Ten que vir unha entidade de Canadá a dicirlle ao Concello de Marín que recúe na súa intención de estragar o hábitat da saramaganta rabilonga. Teñen que vir ornitólogos de toda Galicia ata Pontevedra para que a cidadanía saiba que por primeira vez avistouse nesta ría unha especie de gaivota procedente do Polo Norte.
…Os camiños na defensa da natureza son ben inescrutables!



Deixar un comentario